off
Cedeira, Política local — 23 Marzo, 2018 at 17:41

Mentiras

por

Que o PP de Cedeira defenda o seu labor económico no anterior mandato acusándome de mentir é cando menos triste e sintomático. A súa acción política cando lles toca exercer como oposición no goberno municipal sempre obedece aos mesmos patróns; non existen, o seu traballo político é nulo pero en canto ven achegarse as eleccións municipais, comezan a súa precampaña intentando desprestixiar aos seus rivais políticos. Non atacan as accións do goberno, os seus ataques van sempre ás persoas. Nunca na historia democrática deste pobo houbo unha oposición tan incapaz de argumentar nada como esta do Partido Popular co señor Luis Rubido ao frente.

Para min o máis simple sería dicirlle que o que vive permanentemente instalado na mentira é vostede e que eu mentiria si dixera que grazas á “longa noite de pedra”dos gobernos do PP en Cedeira temos un pobo cunhas comunicacións excelentes, un moderno e equipado centro de saúde, un centro de día, unha residencia de maiores, unha casa para a mocidade, un patrimonio inmellorable…

Pero a realidade é moito máis dura e afortunadamente si algo caracteriza a este goberno é a transparencia, e de pouco valen os titulares de prensa cando calquera pode consultar as actas dos plenos municipais. Por que tivemos que aprobar no 2016 un plan económico e financiero señor Rubido? Quen incumpríu a regla de gasto? Onde está a mentira ?, vai ser capaz vostede de negar a realidade documentada?

Si señor Rubido, o plan económico e financieiro do que nos acabamos de librar grazas á boa xestión do actual goberno municipal foi consecuencia da súa pésima xestión á fronte do goberno municipal no mandato anterior, e pode vostede dicir o que queira ao respecto, a verdade é a que é e non a que vostede quere que sexa.

Tags

3 Comentarios

  • Que asistira aos plenos da anterior lexislatura puido ollar como se gastaban cartos sen explicacion (as festas por exemplo).
    E falando de cartos: que fai vostede na Deputación polo soldo que lle pagamos? Cantas iniciativas a prol de Cedeira presentou vostede? Ollo, isto vale tamén para seus colegas.

  • Que asistira aos plenos da anterior lexislatura puido ollar como se gastaban cartos sen explicacion (as festas por exemplo).
    E falando de cartos: que fai vostede na Deputación polo soldo que lle pagamos? Cantas iniciativas a prol de Cedeira presentou vostede? Ollo, isto vale tamén para seus colegas.

  • Cedeira emerxe: máis participativa que nunca, máis social, máis ambientalista, máis cultural… máis democrática.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: