off
Cedeira, Festas, Mar e Pesca, Xente — 22 Marzo, 2018 at 1:38 p.m.

Segunda Festa da Pescada da Volanta de Cedeira

by
Rolda de prensa na sala de plenos do Concello de Cedeira

[Pingota Comunicación] A pescada da volanta mergullará a Cedeira en sete días de celebracións da man do Certame de Tapas, que comeza este sábado, e da segunda edición da “Festa da Merluza” (pescada, pixota ou peixota en galego), que será os días 31 de marzo e 1 de abril nunha carpa climatizada situada a carón do Pósito local. Entrementres, desde o día 24 e ata o 1 de abril, haberá unha serie de actividades para dar a coñecer o que é e o que representa para a economía local a captura da merluza da volanta, un arte que sitúa ao porto cedeirense á cabeza dos pesqueiros a nivel nacional e á que hoxe se dedican un total de 12 embarcacións da confraría local. Os contidos destas citas e actividades foron detallados hoxe en rolda de prensa por parte do alcalde e máis da concelleira de Cultura, Pablo Moreda Gil e María Xosé Rodríguez Pérez, respectivamente; da patrona maior da Confraría, Lucía Villar Martínez; da responsable do proxecto O Sentir Mariñeiro, Ana Freire, e do representante do Museo Mares de Cedeira, Eduardo do Mimo. Todos concidiron en destacar a novidade que representa pasar de dúas fins de semana a unha semana enteira e a importancia desta cita para a posta en valor dun produto de moi alta calidades e respectuoso co medio ambiente no que a súa captura se refire. Tanto desde o Concello, como desde a Confraría e o Museo Mares de Cedeira invitaron á veciñanza
da comarca a sumarse á celebración destes actos e destacaron tanto a colaboración do Galp A Mariña-Ortegal como das nove embarcacións (Fresán, Bedia, San Ramón, Brisas de Cedeira, Sempre BenyJor, Brual, Sarrial, Novo Luan e Novo Richard) que este ano se encargarán de subsministrar o produto. Tamén como novidade, este ano a merluza poderase degustar de sete formas diferentes. Ademais de pratos principais, haberá unha tabla de pinchos. O programa arr incará este sábado coa segunda edición do Concurso de Tapas de Pescada de Cedeira, que vén de sumar catro establecementos máis aos 12 que tomaron parte na súa primeira convocatoria. Polo tanto, serán 16 os locais de hostalería que este ano participarán nun certame que terá lugar os días 24 e 25 e cuxos obxectivos son promocionar a merluza de volanta e dar a coñecer a calidade e variedade que existe dentro da gastronomía local.
Durante estas dúas xornadas, veciños e visitantes poderán consumir as tapas ás horas do mediodía nos seguintes establecementos: Brisa, Praza do Peixe, Mesón San Antón, Mesón JoJó, Mesón A Marieta, Restaurante Vila Vella, Mesón A Ría, Mesón A Balandra, Cervecería Rosi, Mesón O Amanexo, Pizzería Sheriff, Cafetería Auditorio, Mesón O Mesón , Bar Galifornia, Cervecería La Central e O Malecón.
No que non haberá ningunha novidade é no que respecta ao prezo da consumición, que será de 1,5 euros, e ó desenvolvemento dun concurso. Así, os consumidores, que actuarán de xurado, poderán emitir a súa opinión nas tarxetas de votación que estarán dispostas nos establecementos participantes. É obrigatorio ter consumido cinco tapas distintas para poder emitir o voto. En cada negocio haberá que homologar a tarxeta que, unha vez dispoña dos cinco selos esixidos, se poderá depositar en calquera das caixas de votación distribuídas polos locais. Só se admitirá unha tarxeta por persoa e só serán válidas aquelas que cumpran os requisitos establecidos pola  2/2 organización. Os participantes serán incluídos no sorteo dunha cena para dous no establecemento gañador do certame.
A II Festa da Pescada, organizada pola Confraría de Pescadores coa colaboración do Concello e do Museo Mares de Cedeira, arrincará o luns día 26 con visitas guiadas ao museo, a celebración de obradoiros de costura de redes e percorridos pola Cedeira máis mariñeira, en diferentes días e horarios. As persoas interesadas poden apuntarse ou dispoñer de máis información no correo electrónico osentirmarineiro@confrariacedeira.es ou a través dos teléfonos 981 480 389 e 608 926 390. A participación é gratuíta. Tamén estará aberta ao público a exposición permanente no museo en horario de 10.30 a 13.30 horas.
As xornadas festivas, tanto a do día 31 de marzo como a do 1 de abril, comezarán ás dez da mañá cunha visita guiada pola vila de Cedeira. A degustación arrincará pasadas as doce do mediodía co reparto das primeiras racións de merluza. A sesión vermú, prevista para as 14.00 horas, estará amenizada por “Blues do País e o Sindicato da Taberna”. As visitas á exposición permanente do Museo Mares de Cedeira serán as 11.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas e os obradoiros previstos, un de costura de redes e outro de manualidades, darán comezo ás 12.00 a 17.30 horas. A degustación non se interrumpirá ata as doce da noite.
Ao día seguinte, a xornada gastronómica será de 12.00 do mediodía ata as sete da tarde. O acto de entrega do premio ao establecimento gañador do concurso de tapas e o do público está previsto para as 14.00 horas e inmediatamente despóis dará comezo a sesión vermú coa actuación de “Pablo Balseiro e Los Cascarillas”.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off