off
Globalização, Tecnologias da informação — 20 Marzo, 2018 at 9:10 a.m.

Quen nos protexe de Facebook?

by

Acusan Facebook de permitir a transferencia de datos personais a unha empresa vinculada á campaña de Trump


The Observer informou nesta fin de semana que unha empresa chamada Global Science Research (GSR) apañou decenas de millóns de perfis do Facebook e vendeu os dados  a Cambridge Analytics. O New York Times informou no sábado que a Cambridge Analytics ainda posue “a maioria ou a totalidade” dos dados colleitados. Cambridge Analytics negou saber que os dados foran obtidos indebidamente. Unha empresa fundada polo staff de campaña de Donald Trump e propiedade do multimillonario de fondos de cobertura Robert Mercer, encabezada na altura polo asesor  de Trump, Steve Bannon. Segundo Christopher Wylie, que traballou cun académico da Universidade de Cambridge para obtenr os datos, afirmou no Observer: “Aproveitamos Facebook para recolectar millóns de perfís de persoas. E construironse modelos para para explotar o que sabíamossobre eles e dirixir os seus demos internos. Esa foi a base sobre a que se basou toda a compañía “.

A firma de analise  de datos que traballou no equipo eleitoral de Trump e   campaña do Brexit apañou a unha escala sen precedentes millóns  perfís de Facebook de votantes estadounidenses, nunha das infraccións de datos máis grandes do xigante tecnolóxico, e utilizounos para contruir un poderos programa de software para predecir e influir nas eleccións. Cambridge Analytics empregou a ciudadáns non estadounidenses para traballar en campañas eleitorais de EE. UU. En aparente violación da lei federal, malia recibir unha advertencia legal sobre os riscos.

Se eses dados ainda existen, seria unha violación  inaceitábel da confianza de usuarios que transferiron os seus dados só a Facebook en troca dun servizo. A exposición masiva da datos pón de relevo a nova verdade do presente. Mesmo hai sospeita de que Facebook escoita conversas telefónicas dos usuarios. O seguimento dos hábitos dos usuarios en internet parece que vai alén desde o momento que un “investigador” pode apañar doadamente dados das persoas co obxectivo doutro tipo de actividades.

Os xigantes das redes sociais teñen un privilexio legal que lles permite operar como plataformas, non como editores. Isto significa que Facebook ou Twitter pode safar as responsabilidades propias dos medios de comunicación. A cuestión non é a ausencia de reglamento, mas que os servidores nen a propiedade non están aquí, na Unión Europea. Nun mundo globalizado e un potencial usuario disposto a entregar os seus datos, o problema derívase da dificultade de implementar regulacións de alcance global.

 

 

One Comment

  1. Non hai outra que a autoestima: que saiban demin o que fixen e dixen, pero non o que vou facer.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off