off
Estado, Galiza, Movementos sociais, Política, Traballo — 19 Marzo, 2018 at 08:49

Pensionistas na rúa exixindo “pensións dignas”

por

A busca de “pensións dignas” levou millares a manifestarense nas ruas. A semana pasada a central sindical galega CIG desenvolveu mobilizacións por toda Galiza en defensa do sistema público de pensións. O sábado foran as centras sindicais de adscrición española CCOO e UXT as que convocaran manifestacións por todo o estado encanto criticaban as políticas do Goberno de Rajoy.


Concentración da CIG na Coruña

Cando os silandeiros pensionistas barullan na rúa é que a indignación rebordelou de razóns. Coas reformas de 2011 e 2013 –que en Galiza só a CIG contestou con mobilizacións e mesmo cunha folga xeral- introducíronse recortes  tan agresivos canto regresivos direccionados a crear atrancos no acceso a pensións públicas. Quer rebaixando a súa cantidade ( o adiamento da idade de xubilación e o o aumento dos anos de cálculo para o cómputo da base reguladora, quer incrementando o número de anos para cobrar a pensión completa. Todo iso desligando as subas anuais do IPC oficial e coa introdución do chamado factor de sustentabilidade. Unha das polémicas da convocatoria do sábado é a laxitude  de  CCOO e UXT no caso do “Acordo para a Mellora do Emprego Público e de Condicións de Traballo”, un consentimento de facto para que  calquera incremento de salarios ou de pensións se desligue do IPC e se vincule á evolución do PIB. 

Cando Rajoy se gaba no Parlamento da “eficacia das reformas” soa a vello retrouso se con perspectiva de noso visamos que o 65% das pensións galegas están por baixo da mínima, nomeadamente as pensións das mulleres galegas que teñen unha fenda superior ao 37%, son dunha media de 605 € -ou 559€ se son viúdas- e as dos homes 958€”.Mesmo sabendo que o sentidiño común dita que os ingresos do Estado non dan para todo, non podemos ignorar porén que os millóns suben e baixan diante dos fuciños para o que é conveniente, de resgates de banco e autoestradas a depósitos de gás. Mesmo xa anunciaran o aumento da despesa de Defensa, entatanto o Íbex-35 continua a gañar moitos cartos. Para quen gobernan?

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: