off
Política, Politica espanhola — 13 Marzo, 2018 at 11:15 a.m.

Estrasburgo condena a España por multar dous mozos que queimaran fotos do rei en Girona

by

O Tribunal Europeu dos Dereitos Humanos obriga o Estado a pagarlles unha indemnización. O Tribunal Europeu dos Dereitos Humanos condenou a España por impor unha pena de prisión a dous manifestantes que queimaran as fotos do rei en Girona en 2007. Os tribunais españois impuxeran a Enric Stern e Jaume Roura unha multa de 2.700 euros a cada un para evitar prisión por un crime de insultos á Coroa, coa advertencia de que se non pagaban seria executada a sentenza  de 15 meses de cárcere.

Porén, Estrasburgo condena a España a indenizar os demandantes co mesmo montante da multa paga, alén de mais 9 mil euros por despesas e honorários. A sentenza foi aprobada por unanimidade porque o tribunal entende que a queima das fotos non pode ser considerada unha manifestación de ódio, encanto a condenación criminal é considerada desproporcional aos actos cometidos.
O Tribunal Constitucional confirmou hai tres anos a decición do Tribunal Nacional condenando os dous mozos de Girona a pagaren duas multas de 2.700 euros pola queima de fotos do rei na praza do Vi de Girona en 13 de setembro de 2007. O tribunal superior considerou que a ofensa pola cal foran condenados non estaba coberta pola liberdade de expresión porque era un acto “ofensivo” e “odioso”. “A queima da imaxe física expresa que eles merecen exclusión e odio”, resolveu na altura a decisión do TC.
En 2016, o Tribunal Europeu dos Dereitos Humanos admitiu o recurso que Stern e Roura interpuxeran e abriran procesos contra a España porque entendeu que a liberdade de expresión dos dous mozos condenados poderia ter sido vulnerada. Despois que o TC ratificou a decisión da Audiencia, as defensas dos mozos levantaran o caso en Estrasburgo e nesta terza-feira, este tribunal europeu deulles  a razón.

One Comment

  1. Pois é o que hai.
    E o PP insiste en coartar a liberdade de expresión cando o que se expresa é a disconformidade cunhas políticas públicas e, consecuentemente, simbolízase o reixeitamento de quen as representa.

    En todo caso, se tan terrible lles parece queimar unha foto, que queimen unha de Stern e Roura.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off