off
Cedeira, Feminismo, Galiza, Globalización, Movementos sociais — 9 Marzo, 2018 at 10:31

O goberno de Cedeira califica de histórica a manifestación de mulleres do 8M

por
Mulleres de todas as idades déronse cita onte diante do Concello de Cedeira para reivindicar os dereitos laborais e sociais das mulleres con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.


[Pingota Comunicación] As responsables municipais falan dunha “concentración histórica” polo importante número de persoas que secundaron coa súa presenza a convocatoria que partiu do equipo de goberno e que deu comezo ás 12.30 horas. Foi precisamente a Concellería de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, a persoa que deu lectura ao manifesto. Comezou cun recordatorio ás mulleres que non poideron estar porque non lles permitiron facer folga. Durante a súa intervención recordou que o día 8 de Marzo simboliza a loita das mulleres na defensa dos seus dereitos laborais, citou ás mulleres que morreron quimadas por reclamar a igualdade salarial en Nova York e significou o apoio do executivo local á folga feminista “por -que toda a loita contra a discriminación e a violencia machista, toda a loita pola igualdade real é tamén a nosa loita, das mulleres e homes que formamos a día de hoxe o goberno municipal”,dixo para rematar.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: