off
Cedeira, Feminismo, Movementos sociais, Xente — 8 Marzo, 2018 at 13:54

O manifesto de Cedeira recoñece ás mulleres que non poideron facer greve

por

Masiva concentración na vila de Cedeira,  ao longo na rua Real, na contorna do Concello e da praza da Laranxeira. A concentración acolleu a lectura do manifesto do goberno de Cedeira polo 8 de marzo. A concelleira Maria Xosé Rodriguez fixo un repaso histórico da efeméride e acabou cun recoñecemento ás mulleres que non poideran participaran na greve nen no acto de concentración da praza da Laranxeira de Cedeira. Agradeceulles a súa forza diaria fronte a violencia machista, a fenda salarial, a maior precariedade laboral e a escaseza de políticas que garantan a corresponsabilidade e os recortes orzamentarios  que prexudican especialmente ás mulleres coidadoras, e agradeceu tamén ás mozas, por estar e por seren o futuro.

O goberno de Cedeira apoiou esta greve internacional  das mulleres “porque toda a loita contra a discriminación e a violencia machista, toda a loita pola igualdade real é tamén a nosa loita, das mulleres e homes que formamos a dia de hoxe o goberno municipal”, afirmou.  A concelleira rematou o seu discurso pedindo “a todas e todos que o reivindicado na data de hoxe non quede só neste día, a loita pola igualdade e contra as discriminación sufridas polas mulleres teñen que estar presentes no dia a dia”.

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: