[Pingota Comunicación] A Tropa de Trapo levará o sábado 10 de marzo ao auditorio de Cedeira “Matrioskas”, unha obra a dúas voces con Marta Ortiz e Sofía Espiñeira, que se describe como “verbas e música para revivir historias da vida”. A representación dará comezo ás 8 da tarde no auditorio municipal e o prezo da entrada é de 2,5 euros. Trátase dunha peza dirixida ao público adulto.