off
Movementos sociais, Politica internacional — 6 Marzo, 2018 at 13:45

A ONU denuncia a existencia de “decenas de millares” de prisioneiros e desaparecidos na Síria

por

Un relatório acusa a Rúsia de crimes de guerra e os Estados Unidos de non facer nada para protexer civis


A comisión da ONU que investiga crimes de guerra en Siria centrou o foco en “decenas de millares de prisioneiros” e pide a liberación inmediata de nenos, mulleres, persoas maiores e discapacitados. Tamén require que os investigadores independentes teñan acceso a instalacións de detención, tanto para o réxime como para os grupos armados. “Os prisioneiros que foran liberados en 2017 das prisións do réxime, incluíndo as ramas da policía política de Damasco e Alepo, describiron as malleiras durante o interrogatorio para facilitar información ou confesións forzadas. Celas masificadas, falta de hixiene e presenza de parasitos espallan doenzas. En moitos casos, as familias dos detidos pagaron sobornos pola súa libertazón “, afirma o relatorio. Tamén se acusa o estado islámico, grupos anti-goberno e os kurdos de faceren detencións ilegais

O relatorio, que inclúe crimes de guerra cometidos no país entre xullo de 2017 e xaneiro de 2018, alerta tamén sobre o custo para os civís das campañas militares  da coalición estadounidense nas cidades de Raqqa e Deir, a Zor, para derrubar o Estado islámico. “Estas batallas tiveron un custo moi alto para os civís”, di o documento, engadindo que “a coalición non tomou as precaucións viables para protexer civís, en violación do dereito internacional humanitario. En particular, refírese a un bombardeo da poboación de Al-Mansura, onde morreran polo menos 150 deslocados internos, incluíndo mulleres e crianzas. A ONU tamén observa como  Daesh -Estado Islámico de Iraq e Siria– usaba escudos humanos en ambas as campañas.

A ONU denuncia que as Forzas Democráticas da Síria, principalmente formadas por  kurdos que tiñan apoio aéreo dos Estados Unidos, retiveron neses campos “até 80.000 persoas para investigar os seus posíbeis vincallos con  Daesh”.

Rusia, acusada de crimes de guerra

A ONU confirma numerosos ataques contra mesquitas, centros de protección civil, casas, clínicas e hospitais, mercados, panaderías e escolas perpetrados “impunemente polas partes en conflito”. O documento pon en destaque o ataque da aviación rusa na densamente poboada Atareb (Aleppo) o 13 de novembro, onde 83 persoas morreron e 150 resultaron feridas. “Con bombas guiadas, o ataque alcanzou un mercado, unha delegación de policía, tendas e un restaurante que pode constituír un delito de guerra “, conclúe o informe.

O cerco de Guta, na periferia de Damasco, polo réxime sirio e os seus aliados, entra no quinto ano, foi caracterizada “por métodos de guerra cada vez máis cínicos, que deixaran os piores casos documentados de desnutrición severa nunca vistos no conflito en Siria. ” Tamén lista os “ataques indiscriminados que afectan civís e infraestrutura protexida, o uso de armas químicas e bombas de fragmentación, de fame e de negación sistemática de evacuacións médicas. Tamén acusa grupos armados adentro da provincia baixo control da oposición, de ataques indiscriminados contra civís en Damasco que tamén constitúen crimes de guerra.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: