off
Feminismo, Galiza, Movementos sociais — 4 Marzo, 2018 at 06:54

Marcha unitaria do feminismo galego previa á greve do 8M

por

O feminismo galego maniféstase hoxe,dia 4 de marzo,en Vigo


Celébrase hoxe en Vigo unha manifestación convocada por Mulleres 8M, que chama a “sumarse” á greve xeral  da quinta-feira e que reivindica a xornada “como día de loita, logo de anos de ser utilizada como mera conmemoración” Sairá da Vía Norte (encrucillada Urzáiz) de Vigo ás 12 do mediodía e ten previsto a súa chegada ás 14 horas á Praza do Berbés, onde haberá actuacións das batucadas galegas e será lido un manifesto.

Convocada pola plataforma Galegas 8M que xunta por volta de trinta colectivos feministas, chamando a todas as mulleres que viven e  están vinculadas ao país para saír á rúa só uns días antes de que se leve a cabo “a primeira folga de mulleres feminista” e á que chaman a “sumarse” a nivel “internacional, multilingüe e intersectorial, desde as nosas realidades, experiencias e vidas diversas, para dar un paso á fronte e transformar para sempre a vida de todas”. Segundo o manifesto unitario, Galegas 8M apostan por unha xornada “como día de loita, logo de anos de ser utilizado como mera conmemoración” e “rescatando este día para a loita feminista arrancándoo dos rituais institucionais nos que pretenden encerralo”. O texto reivindica as moreas de razóns polas que as convocantes chaman á folga e aposta por “facer que este mundo sexa tamén” das mulleres.

8M, greve xeral internacional das mulleres

Un conxunto de intelectuais e activistas feministas sediadas nos EUA  publicou u chamado para unha nova greve xeral internacional das mulleres neste próximo 8 de marzo. O texto, asinado por Angela Davis Nancy Fraser, entre outras, defende a urxencia dun feminismo combativo para os 99% e que se articule de maneira interseccional. Publicado orixinalmente no The Guardian, en 27/01/2018, co título “We need a feminism for the 99%. That’s why women will strike this year

1 Comentario

  • O importante, alén destes días concretos, é a loita feminista transformadora, na cal eu aprendín que ser “progre” e de “esquerdas” non abondaba, que a cultura que nos impregnaba (quizais deba dicir incultura) era fondamente machista, mesmo que algúns non nos decatáramos diso (outros son machistas conscientes e deliberados).
    É necesario desenmascarar toda esa herdanza que nos enchoupou xa dende meniños, dende o catecismo, que se amplificou na ditadura e que pervive agora baixo formas aparentemente democráticas.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: