off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Traballo — 27 Febreiro, 2018 at 07:54

Protestan millares de persoas contra as pensións máis baixas do estado

por

As pensións galegas están 15 pontos por debaixo da prestación media no conxunto do Estado e o 60% por debaixo do salario mínimo interprofesional


A discriminación volveu lanzar a millares de pensionistas ás rúas, nomeadamente na de Vigo, a máis concorrida. O 60% por cento das pensións galegas está por debaixo do salario mínimo interprofesional. A semana pasada convocados por Modepen (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas) e outros grupos era a suba das actuais pensións por riba do actual 0,25% anual, que se sitúa por baixo do IPC. Nesta terza-feira,  o colectivo de xubilados e pensionistas da CIG, a organización convocante das manifestacións desenvolvidas esta terza feira nas 7 cidades galegas e en varias cabeceiras de comarca baixo o lema “Mobilicémonos en defensa das nosas pensións, tamén  se manifestou coas mesmas demandas e denunciou que as principais vítimas son as mulleres pensionistas xa unha de cada catro maiores de 65 viven por baixo do limiar da pobreza.  esixindo que se garanta o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional. https://twitter.com/twitter/statuses/968746550917844992

1 Comentario

  • Todos os 0´25% xuntos que alí había non dan nin para encher un sobre de Bárcenas. que vergoña!

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: