[Pingota Comunicación] A compañía Boabab Teatro representará este sábado no Auditorio de Cedeira a obra “Pum Pum”, “unha peza teatral acolledora, chea de tenrura e moita maxia”. Todo o espectáculo é con música orixinal interpretada da ao vivo. A dirección corre a cargo de Óscar Ferreira, o guión é de Andrea Bayer que, xunto ao actor Davide González, tamén se subirá ao escenario para representar unha peza na que se fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos e nenas. Esta actividade fai parte do acordo asinado polo Concello de Cedeira coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para a promoción da cultura galega.A función dará comezo ás sete da tarde.