off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións, Ortegal — 22 Febreiro, 2018 at 13:34

O proxecto de mellora da estrada de Ferrol atinxe actuacións sobre determinados treitos

por
Os alcaldes de Cedeira e Valdoviño abordaron sobre o terreo as actuacións previstas con representantes da Conselleria de Infraestructuras. Correxiranse curvas, mellorarase o trazado e habilitaranse vias lentas en treitos que non presenten figuras de protección ambiental, mas o proxecto non contempla a reforma integral da estrada tal e como se tiña reclamado desde diferentes sectores da sociedade civil


[Pingota Comunicación] O proxecto de mellora da estrada AC-566 que comunica Cedeira e Valdoviño traducirase a curto prazo en actuacións directas sobre determinados tramos cun triple obxectivo: reforzar a seguridade vial, mellorar a mobilidade e reducir tempos de percorrido. Así o avanzaron esta mañá os alcaldes de Cedeira, Pablo Moreda, e de Valdoviño, Alberto González, trala xuntanza que mantiveron co técnico da Consellería de Infraestruturas da Xunta, administración que financiará e executará as actuacións. Un encontro no que tamén participaba a primeira tenente de alcalde da vila, María Xosé Rodríguez, e o concelleiro de Obras valdoviñense, Alejandro García, e que principiaba na casa consistorial de Valdoviño. Alí, sobre plano, estudaron as alternativas previstas e, a continuación, iniciaron un percorrido sobre o terreo para comprobar in situ os plans sobre papel. Alberto González e Pablo Moreda Gil sinalaban que esas actuación directas de mellora permitirán axilizar administrativamente as intervencións, eliminando burocracia e ofrecendo solucións a curto prazo. Así mesmo, complementaranse con actuacións de maior alcance a medio prazo. En liñas xerais, as primeiras medidas levaranse a cabo en zonas sobre as que non pesen figuras de protección medio ambiental e consistirán, en esencia, na corrección de curvas; melloras no trazado e habilitar vías lentas. Deste xeito, lograrase mellorar a circulación entre ambos municipios e, por extensión, a conexión entre Cedeira e Ferrol. Reduciranse tempos, o que repercutirá positivamente no posicionamento do polígono da Trabe e na economía de ambas localidades, así como en cuestións tan vitais e cotiás como os traslados ós centros hospitalarios. E, sobre todo, acadarase unha mellora substancial en materia de seguridade vial. Este proxecto fundamental para Cedeira e Valdoviño constitúe unha vella reivindicación de ambos municipios que, tras as xestións realizadas nos últimos dous anos coa Xunta, titular do vial, semella que avanza con paso firme e cuxos resultados hanse ver a curto prazo.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: