off
Cedeira, Galiza — 22 Febreiro, 2018 at 12:04 p.m.

“Fariña” tamén refere a conexión de Bea Gondar con Cedeira

by

O excaldade de O Grove foi condenado a catro anos por narcotráfico na Audiencia Nacional mas o Supremo  absolveuno por defecto de forma.


O xornalista José Precedo publica hoxe un artigo no diario.es intitulado “Quen é Alfredo Bea Gondar, o alcalde condenado por branqueo conseguiu  secuestrar ‘Fariña’? no que relata a conexión deste “secundario” do clan das Rías Baixas co afundimento de dúas toneladas de cocaina en maio de 1991 en Cedeira do que foran recuperados 300 quilos. Desde os oitenta as Rías Altas e Cedeira non ficaran á marxe. O que as rias ocultan, non é a praia.

Ainda haberá quen lembre aquela noite  de troula e discoteca de comezo dos noventa cando algúns mozos curiosos  se achegaron ao areal a non se sabía ben o que.

“Un venres de xuño de 1991 -describe Precedo- foi detido na operación contra o tráfico de drogas por ter ocultado o naufraxio de Cedeira e que non lle impediu recuperar o poder o luns seguinte -malia estar en prisión provisional-, nun tenso pleno no que ningún concelleiro votou por el. Sendo o candidato da lista máis votada, foi nomeado alcalde. A noticia a recibiu na prisión, polo que non tomou posesión. A corporación esperou 48 horas de rigor e dispensouno despois alegando falta inxustificada (a causa obvia  era que ainda estaba trás as reixas).” Segundo Manuel Vázquez dixo ao narco Vázquez, alcumado o Piturro, entregou a carga a “tres caras que non eran galegos” e arrancou nun carro. Na nota, Carretero explica: “O carro, como ía descobrir anos máis tarde a  investigación, foi en nome de Alfredo Bea Gondar: Alcalde do Grove, membro do PP (outro) e procesado en 2001 por un alixo de dúas toneladas de cocaína “.

Como outros alcaldes e cadros franquistas, Bea Gondar, exalcalde de O Grove, transitou do franquismo até Alianza Popular pasando pola UCD, logo de ter gañado as eleccións como independente. Porén, dos cargos por branqueo non librou  e foi condenado a tres anos na Audiencia Nacional que o Supremo alargou a catro e sete meses. Bea Gondar non foi condenado en firme por narcotráfico mas por branqueo sen que ficara demostrada  en ámbito xudicial a conexión entre as duas tramas. Escribe Precedo que hoxe o exalcalde “tenta pasar por un venerabel xubilado” que mora en Collado Villalba ( Madrid) vivindo cunha pensión de 600 euros ao mes. Porén, seica se comprometeu a depositar os 10.000 euros require o auto xudicial para secuestrar o libro. 

Despois do secuestro por orde xudicial do libro Fariña de Nacho Carretero disparouse a venda a 10 libros por minuto en Amazon, porén as medidas cautelares poñen en risco a supervivencia da editorial que o publicou, Libros del K.O.

 

One Comment

  1. Lembro o episodio. Estaba en Cedeira por daquela e utilizamos a información dos xornais para facer aritmética nas aulas.
    O cheiro a franquismo do narcotrático, e viceversa, fede!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off