off

Amnistia Internacional acusa España de “restrinxir a liberdade de expresión e de reunión”

por

O relatorio sobre a situación dos Dereitos Humanos no mundo 2017-2018 divulgado esta quinta-feira, salienta a violencia policial do 1 de Outubro de 2017 na Cataluña.


A ONG denuncia tamén que “os funcionarios encarregados de facer cumprir a lei que controlaron os protestos do 1 de outubro na Catalunya utilizaran forza excesiva contra manifestantes pacífics que se opuñan a unha operación policial. A policia disparou cartuchos “de fogueo e bolas de borracha, ferindo de gravidade a unha persoa, que perdeu a visión dun ollo”, en referencia ao caso de Roger Español.

O relatorio tamén expón que “en Madrid e Vitòria (País Basco), os tribunais prohibiran duas reunions públicas de apoio ao referendo e que o concello de Castelldefels (Catalunya)  ditou unha prohibición xeral do uso de espazos públicos  pola organización a favor ou en contra do referendo”.

Sobre o aprisionamento de Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, presidentes da ANC e Òmnium, a  ONG denuncia que estan acusados de “sedición, un delito definido de maneira moi xeral”. A organización, mas non considera Sánchez e Cuixart presos políticos nen fai referència o relatorio ao aprisionamento  por enaltecemento do terrorismo. Amnistia afirma que “en moitos casos, as autoridades apresentaran acusacións contra persoas que tiñan expresado opinións que non constituian incitación a cometer un delito de terrorismo e que  inscreveran entre as formas de expresión permisíbeis de acordo ao dereito internacional dos dereitos humanos”. Cita como exemplos Cassandra Vera, condenada polos seus chíos sobre Carrero Blanco, e os titeriteiros de Madrid.

Alsasúa

Amnistia considera que o poder xudicial español continua “aplicando de xeito desproporcionado a lexislación antiterrorista”, no caso dos mozos de Alsasua, aprisonados por unha liorta nun bar coa Garda Civil.

Maltratos e torturas

AI tamén refire a solicitude de extradición desde  Suiza de Nekane Txapartegi, acusada de colaboración coa ETA, que  denunciou na ONU torturas e maltrato durante cinco dias que estivo reclusa en rexime de incomunicación nunha comisaría de policia de Madrid en 1999.  Critica que “as súas denuncias de tortura non se pescudaran pormenorizadamente” e alerta que “o Tribunal Constitucional admiteu  un recurso presentado polo goberno contra unha lei do Parlamento basco relativa ao recoñecimento e reparación das vítimas de violacións de dereitos humanos no País Basco”.

Violencia de xénero

Salienta a morte de 48 mortes (e  8 menores de idade) polas súas parellas ou exparellas na España en 2017.

Refuxiados non acollidos

O relatorio tamén recolle o incumprimento polo goberno español dos compromisos de acollida de refuxiados. Madrid non se responsabilizou de  15.888 solicitantes de asilo en aplicación do programa de reubicación de emerxència da UE e ao final de  ano tiñan reubicado apenas 1.328 de nacionalidade siriana.

Despexos

“Milleiros de persoas padeceran despexos forzosos sen garantias xudiciais axeitadas nen aloxamento alternativo polo Estado. Houbo  26.767 despexos por impago de alugueiro e 16.992 por execución hipotecària. O gasto público en vivenda continuou diminuindo, malia persistir unha grande demanda de vivenda accesibel”, afirma Amnistia, e lembra que en xullo o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU admitiu unha denuncia contra o estado español por non ter fornecido aloxamento alternativo a unha familia.

Impunidade e memoria histórica

Amnistia critica o goberno español por “continuar fechando investigacións sobre crimes de dereito internacional cometidos durante a Guerra Civil e o Franquismo argumentando que os delitos denunciados -que incluen desaparicións forzosas e tortura- non podian ser pescudados por mor da lei de Amnistía e a prescripción de delitos”.

Descontentamento social

“Os espetros do ódio e do medo asombran actualmente as cuestións mundiais e poucos gobernos loitan polos dereitos humanos. En vez diso, líderes como al-Sisi, Duterte, Maduro, Putin, Trump e Xi minam, con indiferenza, os dereitos de millóns de persoas”, refere Salil Shetty, secretário-xeral da Amnistia Internacional.

Outros sinais de regresión citados no relatório incluen restricións ao direito ao protesto enFranza e tentativas de retirar dereitos às mulleres nos Estados Unidos, Rúsia e Polónia, por exemplo. Alén diso, a Amnistia Internacional avisa que os pasos atrás do presidente norte-americano, Donald Trump, en termos de dereitos humanos están a abrir un perigoso precedente.

Por outro lado, ainda segundo o documento, países como Austrália e Hungria, entre diversos outros, tratan os refuxiados e os migrantes “como problemas a ser evitados e non como persoas con dereitos que merecen a nosa compaixón”.

O relatório tamén salienta que “millóns de persoas en todo o Mundo enfrentan un crescente acesso precário a bens básicos, como vivenda, comida e servizos de saúde”. Nese sentido, a Amnistia Internacional avisa que, “a non ser que os gobernos traven as causas implícitas à pobreza e à desigualdade, a probabilidade de ocorreren traxédias humanas é enorme”.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: