off
Libros — 21 Febreiro, 2018 at 17:28

Unha xuíza ordena o secuestro de ‘Fariña’, crónica do narco en Galiza

por

A raíz  denuncia interposta por  Alfredo Bea Gondar,   ex alcalde do Grove  en 1983 e 1999, a xuíza de Collado Villalba aceptou a demanda e tomou a medida cautelar de secuestrar a obra Fariña e prohibir a impresión e comercialización de novos exemplares. O xornalista Nacho Carretero recrea no libro os vínculos de Bea Gondar con operacións relacionadas co tráfico de cocaína. Acabou en prisión e en 2005 foi condenado por delito de branqueo de cartos do narcotráfico.Sobre a versión galega do libro, en Xerais, e a teleserie a piques de estrearse , a maxistrada non adoptou ningunha medida.

Carretero  explicou na Cadena Ser que o ex alcalde de O Grove “sae reflectido do en duas líñas nas que plasma un feito que foi probado”

O ex rexedor do Grove pasou pola UCD, Convergencia de Independientes de Galicia, Alianza Popular -partido antecesor do PP- e pola Agrupación Vecinal Independiente. En xaneiro denunciou a Nacho Carrtero e a editorial de Fariña, Libros del KO, por presunta vulneración do dereito ao honor.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: