off
Estado, Política — 13 Febreiro, 2018 at 18:01

Otegi denuncia a tortura sufrida en Intxaurrondo por mor do día contra a tortura no País Basco

por

O líder abertzale pasou seis días a mans dos gardas civís de Intxaurrondo liderados por Galindo en 1987.      Arnaldo Otegi, secretario xeral de Bildu, pasou pola escura caserna da Garda Civil de Intxaurrondo en 1987. Foi entregado ás forzas armadas españolas pola policía francesa. Cando foi ao xulgado, pasou seis días a mans dos axentes comandados por Enrique Rodríguez Galindo, máis tarde condenado por pertencer ao GAL. Galindo pasou catro anos de prisión e foi liberado polo Ministerio do Interior por “razóns de saúde”. En calquera caso, Otegi probou técnicas de tortura en primeira persoa por parte de Galindo e os seus colaboradores no verán do 87 e hogano explica o que lle fixeron nunha serie de chíos por mor do día contra a tortura. Aquí podes ler a súa historia en galego: «Hoxe é o día mundial contra a tortura e explicarei a que me practicaron en Intxaurrondo sob o mando  xeral da Garda Civil en Madrid:

Día 1:colócanme unha camisola de forza e mergullanme unha vez e mais outra nunha bañeira. Practicano continuamente até que perdín o coñecemento.

Día 2: Continúan coa bañeira, mas acompañado polo uso de descargas eléctricas. Todo o día.

Día 3: Agora engádense os golpes e continúan os longos interrogatorios con ameazas contra o meu fillo e familia. Ameazas de morte

Día 4: O calvario continúa. Picana eléctrica, bañeira e ameazas.  Este cuarto día deixan un arma sobre a mesa e animanme a  fuxir.

Día 5: Declaración co avogado. Non sei se é avogado ou garda civil. Dinme que o confese  todo ou eles van comezar de novo. Nego todo e non asino.

Día 6: Entrando na prisión, denunciando a tortura. A miña queixa chega ás Nacións Unidas. Hoxe, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a tortura en España polos casos de Portu e Sarasola. No aniversario da morte de tortura de Joxe Arregi ». Aquí está o fío orixinal:

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: