off
Cedeira, Saúde — 9 Febreiro, 2018 at 7:58 a.m.

A Marieta de Cedeira acolle unha exposición sobre nutrición, obesidade e saúde

by

[Pingota Comunicación] A mostra que animaba ao consumo responsabel deu paso outra sobre nutrición, obesidade e saúde, tamén organizada pola Concellería de Medio Ambiente. O quiosco da antiga oficina de Turismo da praza da Marieta, acolle desde esta semana unha exposición na que a través de 12 láminas e os correspondentes comentarios se aborda esta problemá-
tica, “unha auténtica praga do século XXI, desde o embarazo ata a adolescencia, pasando pola lactancia e as etapas de preescolar e infantil”, segundo o concelleiro responsable de dita área, Camilo Casal. Na mostra coméntase a necesidade urxente de evitar que un de cada tres nenos e nenas teña sobrepeso, coas consecuencias moi negativas que terá cando sexa adulto, tais como diabetes, trastornos cardiovasculares, hipertensión arterial, entre outras posíbeis doenzas. Faise tamén fincapé en como evitar os maos hábitos, nas técnicas culinarias e as racións de cada alimento recomendábeis para as distintas idades. Dado o interese que a mostra ten para o conxunto da poboación de Cedeira, desde a Concellería de Medio Ambiente anímase a veciñanza a visitala durante os próximos días. Estará aberta un mes.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off