off
Agro, Cedeira, Galiza, Mar e Pesca — 7 Febreiro, 2018 at 11:38 a.m.

Vento do norte e saraiva

by
Saraiva este mediodia en Cedeira

Esta cuarta feira ar frío sobre Galicia, con vento do norte. Segundo a predición de Meteogalicia o ceo presentará alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis frecuentes e

intensos nas provincias da Coruña e Lugo que ocasionalmente poderán vir acompañados de saraiva e aparato eléctrico. A cota de neve situarase arredor dos 300 m, ascendendo cara á noite aos 600 m. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, de novo con xeadas. O vento soprará moderado de compoñente norte con intervalos fortes nas primeiras horas.

Na quinta feira, será unha xornada de transición mentres esperamos a chegada dunha fronte nas derradeiras horas do día. Polo tanto, o ceo estará parcialmente anubrado durante o día. Cara á noite entrarán as nubes baixas polo oeste e as chuvias, que durante a madrugada serán xeneralizadas. As temperaturas mínimas estarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento será frouxo variable nas primeiras horas do día e co avance da xornada será do sudoeste, con intervalos de moderado na noite.

A saraiva enfariñou a Madalena

 

Os vindeiros días, ceos con nubes e claros en xeral, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubiados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas sen cambios.  No referido ó estado da calidade do ai, manterase admisibel en xeral.

Marítima para hoxe

Mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 6 metros, sendo nas Rías Baixas de 4 a 5 metros.Vento do nordés á mañá e do nordés á tarde e á noite, forza 5 a 7 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off