off
Economía, Galiza, Traballo — 7 Febreiro, 2018 at 08:58

Chámanlle recuperación mais é desigualdade

por

Non importa o que digas sobre esta magnífica recuperación, porque a infeliz realidade é que, para a maioría dos cidadáns, nunca chega. O aumento de contractos non agocha a precarización. Mais dísenos que o único emprego posibel para recuperar a economía é o de  baixar salarios, aceptar o traballo precarizado, renunciar a dereitos laborais, traballar máis e gañar menos. A reforma laboral levou a que só o 1/3 dos traballadores estén protexidos por convenios laborais e que os niveis de beneficio actual das empresas teñan que ser, por decreto lei, os de antes da crise. Acontece que quen pagou a crise foron os traballadores. E agora, que seica se está a recuperar a economía, quen continua a pagar os custos son os traballadores. Non é certo que só se poida crear este tipo de emprego. A crise económica foi acompañada por un fenómeno preocupante en España: o alargamento da fenda entre os salarios dos altos directivos e os traballadores. A chamada desvalorización interna – baixar salarios para gañar competitividade – é falaz porque non afectou a todos e porque gañar en competividade alicerza noutros materiais constructivos e non a conta dos salarios.  Con esa desvalorización as mulleres e os traballadores de base son os que máis sufriran. Porque o problema é de modelo: as empresas non innovan en I+D. Os custos laborais no estado español antes da crise eran dos máis baixos de Europa e a débeda pública tamén (a que había era sobretodo débeda privada). Porén, non hai plano de investimento público e as empresas volven ás marxes de gaño de antes da crise mas non invisten en innovación e tecnoloxía sen que os salarios teñan millorado.

Este conxunto de causas está facendo que aqueles que gañaran mais, coa crise gañen mais. E aqueles que menos, menos. As diferenzas de salário aumentan e, como consecuencia, tamén as desigualdades. Encanto, por un lado, o desemprego está xerando bolsas de nova pobreza, por outro lado, o aumento da diferenza salarial enfraquece a clase média, con efeitos sobre o devalo do consumo e a consecente dificuldade de xurdir da crise. Cómpre unha fonda reflexión sobre a necesidade de corrixir a tendencia a expandir unha fenda  salarial e de subsidios que en Galiza é máis acusada.

 

 

 

1 Comentario

  • Alem disso, a dinâmica do sistema neoliberal joga a substituir operários por máquinas para reduzir mais custos, mesmo em trabalhos nos que as pessoas somos muito eficientes.
    E isso é irresolúvel, pois se não há emprego não há também consumidores potenciais, por tanto.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: