off
Estado, Movementos sociais, Política — 7 Febreiro, 2018 at 07:46

Amnistia Internacional exixe liberación “inmediata” de Jordi Sanchez

por

A entidade vé “inxustificadas” as acusacións de sedición e rebelión. O expresidente da ANC afirma que as mobilizacións do 20-S  foran pacíficas, segundo La VanguardiaA  diretora de Amnistia Internacional para Europa, Gauri Van Gulik, considerou “excesiva e desproporcional” o prolongamento da prisión provisória de Jordi Sànchez, que restrinxe “o seu dereito á liberdade de expresión e á reunión pacífica”. Van Gulik considerou, portanto, a recusa do maxistrado do Supremo Tribunal, Pablo Llarena, de ceibar Sanchez por acreditar que  mantén ideoloxia que pode implicar unha reiteración criminal. A líder da Amnistia Internacional lamentou que Llarena teña decidido “agravar” a “inxustiza” da prisión e exixiu que o número dous de Junts per Catalunya sexa liberado “inmediatamente”.

Aínda que a convocación de protestas para impedir as operacións lexítimas da policía pode ser, se unha comisión é demostrada, un delito contra a orde pública, non constitúe un delito grave como a sedición ou a rebelión, punido con penas de até 10 e 30 anos

A entidade tamén dise que a resolución de Llarena “non fornece novos elementos que xustifiquen o prolongamento da prisión provisória”. Taménafirmou que as acusacións de sedición e rebelión que pesan contra Sanchez e contra o presidente do Òmium Cultural, Jordi Cuixart, son “inxustificadas e, portanto, deben ser retiradas”.

Por outra banda, aínda que Amnistía Internacional non cuestiona a sentenza do 7 de setembro do Tribunal Constitucional que suspendeu, como medida de precaución, a lei do referendo catalán, considera que como cidadáns individuais e presidentes de organizacións da  sociedade civil no momento dos feitos investigados, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart “tiñan o dereito de expresar opinións contrarias ás decisións do Tribunal, así como de organizar reunións pacíficas en apoio ao referendo e a independencia de Cataluña”.

A entidade lembra que, aínda que a lei internacional de dereitos humanos permite aos Estados impor algunhas restricións ao exercicio do dereito á liberdade de expresión con determinados fins lexítimos, como a protección do orden público ou a seguridade nacional, “pide ás autoridades que demostren que estas restricións son necesarias e proporcionadas ao obxectivo perseguido”. É por iso que acredita que a presentación de cargos criminais graves contra os que organizan estas reunións “é unha medida excesiva e desproporcionada”.

O PP quere evitar que os  condenados por rebelión poidan ser indultados. Introduciran unha emenda a un proxecto de lei do PSOE que impediría indultar os presos políticos catalás.

 

1 Comentario

  • Com esses posicionamentos políticos, cada dia vejo mais longe a reconciliação.

    O independentismo não estava contra ninguém, apenas era o desejo de gerir por si próprios os seus recursos.

    Juntos ou não num único estado, isso tanto faz, o que importa é que as relações humanas, políticas e comerciais nos beneficiem reciprocamente.

    O PP leva caminho de travar as possibilidades de nos encontrar.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: