off
Cedeira, Cultura, Galiza, Ortegal — 2 Febreiro, 2018 at 13:49

Patrimonio arqueolóxico e xeolóxico de brazo dado nunha iniciativa comarcal

por

[Pingota Comunicación] Desde o ano 2016 Cedeira vén botando man da súa riqueza xeolóxica para darse a coñecer e como unha aposta a prol do turismo sustentabel. Foi un primeiro paso que agora terá continuidade coa aprobación, por parte da Deputación, do convenio que dará lugar á creación do Xeoparque do Cabo Ortegal, unha iniciativa na que están a participar, xunto a Cedeira, os municipios de Valdoviño, Cariño, Cerdido, Ortigueira, San Sadurniño e Moeche.

A concelleira de Cultura de Cedeira, María Xosé Rodríguez Pérez, valorou moi significativamente o acordo que en cuestión de día será asinado polos sete concellos e apuntou que, ademais da xeoloxía, as adiministracións participantes tamén teñen en común un claro interese por abordar o apartado da arqueoloxía como un elemento máis dos moitos que poden ter cabida no proxecto no que se está a traballar. Rodríguez Pérez considera que os recursos que neste campo existen nos concellos implicados deben ser incorporados a unha idea de turismo respectuoso co medio ambiente pero interesado, á vez, pola cultura local e os seus valores patrimoniais.
A concelleira entende que aínda hai un longo camiño por percorrer polo que apunta que non será até  o ano 2019 cando teña lugar a presentación da candidatura para obter o recoñecemento como parque xeolóxico concedido pola Unesco.

Despois da reunión celebrada esta semana en Moeche, segundo a responsabel de Cultura, os sete concellos comezarán a traballar na elaboración do Plan Rector, no que se recollerán desde os obxectivos até as líñas de acción para promocionar a riqueza xeolóxica nunha área que abrangue 630 kilómetros cadrados e na que xa están localizados 52 lugares de interese xeolóxico e 5 de relevancia internacional “grazas o labor feito polo xeólogo Francisco Canosa e a Asociación de Amigos do Xoeparque do Cabo Ortegal”, tal e como destacou Rodríguez Pérez.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: