off
Cedeira, Festas — 1 Febreiro, 2018 at 8:32 a.m.

Festival de coplas no programa do Entroido de Cedeira

by

[Pingota Comunicación] O primeiro Festival de Coplas de Entroido é a última incorporación introducida polo Concello de Cedeira no calendario de actos que entre o sábado 10 e o 17 de febreiro terán lugar na vila con motivo do Entroido. Trátase dunha iniciativa que persegue abrir participación ao maior número de persoas posibles e para darlle un toque distinto ás celebracións.
As persoas interesadas teñen de prazo até o día 8 para apuntarse no teléfono 649 876 614 ou ben a través do correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.es. Non por apostar pola novidade o goberno de Cedeira deixa fóra do programa do Entroido os actos que xa son un clásico. Así, o tradicional desfile, co concurso de disfraces incluído, terá lugar o día 10 e repartirá máis de 2.200 euros en premios entre os participantes. O prazo de inscrición finaliza tamén o día 8 de febreiro e as bases do certamen poden ser consultadas na páxina web do Concello (www.cedeira.gal). O desfile sairá ás cinco da tarde da antiga estación de autobuses. A continuación, a festa trasladarase á praza Roxa, onde terán lugar as actuacións e pola noite o baile do Entroido amenizado pola orquestra La Oca. Os nenos terán a súa propia festa, que será o luns 12 de febreiro nas instalacións do pavillón polideportivo. A cita desenvolverase entre as cinco e oito da tarde. Haberá grupos de animación e inchables. O Enterro da Sardiña celebrarase o día 17, unha actividade para a que o Concello de Cedeira contará coa axuda do movemento asociativo da localidade. Desde á concellería de Cultura invítase á veciñanza a secundar con súa presenza as actividades coas que se quere implicar nas celebracións ao maior número de persoas posible, desde nenos ata xente da Terceira Idade.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off