off

Torrent adia o pleno de investidura porén comprométese a non renunciar a  Puigdemont

by

O adiamento do pleno evita que comece a conta atrás cara unhas novas eleicións, en maos  de Rajoy. A decisión do presidente do parlamento catalá desconcerta parte do sobiranismo, o PP e o TC


O president do Parlament de Catalunya, Roger Torrent, vén de reclamar respeito ao pobo catalá, lembrando nunha convocatoria de imprensa antes da reunión da mesa, que Puigdemont tén leximitade e dereito a ser candidato á presidencia da Generalitat. Para garantir  o pleno de investidura fica adiado sine die mas non desconvocado unha vez que se teñan garantías, vencellando a decisión á que nos vindeiros dias tomará o Tribunal Constitucional. O TC abriu o sábado pasado un prazo de 10 dias para dedicir se adepta ou non a trámite a impugnación da investidura apresentada polo goberno español. En 10 dias, no entanto, o TC non precisa decidir sobre o o fundo da cuestión, mas simplesmente sobre a admisión a proceso do recurso. O goberno español pretende que, coa admisión ao proceso, a suspensión da Puigdemont sexa automaticamente suspensa. Torrent, portanto, prefere esperar que o Tribunal Superior decida, considerando que,  se a contestación  non for admisíbel, permitirá a investidura. No entanto, como no dia de hoxe, a investidura é  a distancia, ninguén dubida que será suspensa imediatamente polo TC. Torrent pregúntalle  ao TC que é o que ten que facer unha vez feitas as consultas aos grupos parlamentares e tendo un candidato cos apoios imprescindíbeis. Quer dicer, insta ao Tribunal Constitucional a que se pronuncie públicamente ao respeito, unha vez que suplantou ou posicionou por riba ou con preeminencia dos outros dous poderes. E cunha autonomía intervida desde os despachos.

Os «comuns» fecharan filas co presidente do Parlamene, ainda que piden un candidato alternativo a Puigdemont. A CUP anunciou nun chio que viñeran facer Puigdemont presidente hoxe, como único candidato posibel e que, portanto, non partillan a decisión de Roger Torrent, de adiar o pleno. “Non o está a pedir só a CUP,  a mobilización tamén o exixe”, acrescentaran.

Gañar tempo

Tempo para o soberanismo continuar a negociar, embora apenas alguns dias. Onte, o único acordo entre a JxCat, o ERC e a CUP foi investir Puigdemont, mas as negociacións para formar un goberno e o novo roteiro continua a encallar, embora nesta terza-feira, a JxCat anunciou novamente un pacto con Esquerra. O terceiro nas últimas semanas. E o terceiro que os republicanos acaban negando.

Alegacións ao TC

Torrent retornou a bola ao TC, mas tamén a Puigdemont, que onte adicionou mais presión ao Presidente do Parlamento cando lle enviou unha carta pedindolle garantir seus direitos como deputado. “Puigdemont pede proteción. Eu persoalmente me comprometo a garantir sua imunidade como a dos outros deputados”, afirmou Torrent. Por este motivo, anunciou que o Parlamento personarase no TC contra o apelo do goberno español. O período para apresentar alegacións terminou esta terza-feira ás 11 da mañá. JxCat xa anunciou que tamén se personaría.

Árbitro arbitrario

O estado español teima en enredar. Se  teñen locado a Puigdemont en Bruxelas, por que policias e mossos rexistran arestora os maleteiros dos taxistas nas proximidades do Parlament ? Puigdemont non pediu permiso ao Supremo porque afirma que ten todos os dereitos como deputado. Porén, Rajoy mantén o “estado de alerta” que en neolingua vén querer dicir impor un “candidato limpio”[sic]. Pode permitirse afirmar iso un presidente do goberno? Onde está a xente que se manifestaba reclamando o “imperio da lei”? Onde é que fica a vontade popular? Trabucáranse os cidadáns votando? Non é unha vergoña democrática comprobar que submetidas as forzas soberanistas ao constitucionalismo, mesmo con escarnio público, ao final quen reclamaba legalidade sobre todas as cousas, non permite que todos os candidatos se apresenten no Parlament? O Tribunal Constitucional realiza unha decisión política ad hoc, unha inxerencia nun parlamento que ten o deber de investir a quen tivo máis apoio dos grupos parlamentares. O problema político sigue aí e agora acrescéntase outro de tipo xurídico; o “recurso preventivo” que terá que defrontar o TC. Rexe ou non rexe a presunción de inocencia? A Puigdemont estano a tratar como se non tiver dereitos políticos. Non hai sentenza ningunha que llos tiver limitado, o que fai máis cuestionabel o auto do TC cando se dirixe ao Parlament.

A xudicialización da política leva a que se poida eliminar a un competidor político á marxe do sistema eleitoral. Os demócratas deberian tremer cando un goberno ou tribunal pronuncian a palabra “excepcional”. Unha interpretación sui generis que nun estado de dereito non debería rexir nunca perante o mandado das urnas. Semella termos recuado aos anos 70, onde ordena o imperio da lei mentres me dé a razón. En España non se pode falar de todo, porque se ousas facelo, bótanche a lei acima.

Coda. A alternativa da esquerda española, u-la?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off