off
21-D 2017 Eleccións na Cataluña, Política, Politica espanhola — 26 Xaneiro, 2018 at 12:51 p.m.

Rajoy descubre que a manta do Procés non tapa a Gürtel

by

Rajoy ignora o revés do Consello de Estado e impugna a investidura de Puigdemont. Unha labazada que tamén alcanza ao PSOE. O legalismo ideolóxico do duopolio+1 ficou mais unha vez en evidencia. Con certeza, a pretensión de investir un candidato a distancia ten varios atrancos, entre deles, no caso de que se chegara a votar o dia 30 ás 15h, que o TC declare nula a votación. Porén, o só feito de mentar a posibilidade de que Puigdemont poidera ser investido a distancia, provocou no goberno español  unha reacción histérica. O que xa é un dos seus erros máis sonados: intentar que non se poida nen  convocar o pleno de investidura de Puigdemont ( que non ten os dereitos políticos suspendidos e foi votado por un millón de persoas). Segundo a lóxica do goberno español, Puigdemont pódese presentar e gañar, mais non pode ser candidato. Mas o Consello de Estado  dixo que non e por unanimidade.

A súa alienación legalista tira polo dereito tentando enmascarar outra vez o que non é mais ca un problema político (o Procés) como problema político é a corrupción sistémica do Partido Popular. Nen o Procés é quen de agochar o festival valenciano de Francisco Camps e cia. Por iso a aparición fantasmagórica de Sáez de Santamaría ( hai dias visibelmente deslucida)  procurando saida legal a un problema político  irá deambulando (velaí o novo brinquedo conceptual do goberno español)  desde a súa degradación como asunto xurídico, de desastre en desastre.

A cabo,  España ten un xuiz no Supremo Tribunal  que non puido evitar o escorregamento de parte da carga  xudicial ao espetar que non detiña a Puigdemont na Dinamarca porque é o que ele gostaria. O maxistrado non só deixou claro que excedía as súas competencias, mas, nun paso adiante, entrou sen rubor, en eidos políticos. Un xurista axindo como un político e un  goberno español que diante dun problema, axiu como xurista, como un avogado do Estado. Procurando o que dí  a lei no canto de  escoitar o que a sociedade lle está a dicer, que seria o pròprio dun político. Quer dicer, o que a própria Constitución contén: a prevalenza do  sufraxio no ordenamento xúridico (o  dereito de participación política)  como alicerce do resto de dereitos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off