off
Movementos sociais, Mundo, Politica internacional — 24 Xaneiro, 2018 at 08:06

Un asalto turco á milícia curda na Síria “matou 24 civis”

por

Até 24 civis foran mortos e cerca de 5.000 deslocados nos primeiros tres dias da ofensiva  contra un enclave curdo no norte da Síria , dixeran as Nacións Unidas e os monitores nesta terza-feira. Un relatório da ONU citando fontes locais dí que tres dias de bombardeos intensos e ataques aéreos deslocaran 5.000 persoas, mas algunhas das persoas mais vulneráveis ​​non podian fuxir. A Turquia lanzou o asalto no sábado , co obxetivo de forzar o partido da Unión Democrática Curda Síria (PYD) e sua ala militar, as Unidades de Proteción do Pobo (YPG), de Afrin. Ankara di que a milícia é o brazo sírio dun grupo terrorista insurreito durante décadas dentro do país.

O Observatório Sírio para os Direitos Humanos, un seguimento da guerra com amplos contatos dentro da Síria, di que 24 civis morreran, ben como 25 rebeldes sírios loitando ao lado daTurquia e 26 combatentes curdos.

A ONU afirma estar pronta para entregar axuda a 50 mil persoas en Afrin con provisión para 30 mil persoas en caso de maior deslocamento.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: