Os navios que atravesaran o Oceano Atlántico produciran este patchwork de trillas brillantes nas nubes da costa de Galiza e Portugal.
O espectrorradiómetro de imaxes de resolución moderada (MODIS) a bordo do satélite Aqua apañou esta imaxe a cor natural o 16 de xaneiro de 2018. Os ronseis do navio nas nubes normalmente fórmanse típicamente en áreas onde hai nubes baixas e cúmulos. Segundo explica a editora da NASA Yvette Smith “esas nubes estreitas, coñecidas como trillos de navios, formanse cando o vapor de augua se condensa en pequenas partículas de polución que os navios emiten como escape ou que se forman a partir dos gases de escape. As extremidades estreitas das nubes son as mais novas, encanto os extremos mais amplos son antigos. Algunhas das partículas de polución xeradas por navios (especialmente sulfatos) son solúbeis en auga e serve como as sementes en torno das cuais se formam pingas de nube. As nubes infundidas polo escape do navio teñen pinguiñas cada vez maiores do que as nubes non poluídas. Como resultado, a luz que atinxe as nubes poluídas dispérsase en moitas direccións, tornandoas mais brillantes e espesas do que as nubes mariñas non poluídas, que son tipicamente semeadas por partículas maiores, que ocorrem naturalmente, como o sal mariño”.