off
Galiza, Saúde — 23 Xaneiro, 2018 at 13:07

SOS Sanidade Pública insta a cidadanía a mobilizarse contra o “desmantelamento” do sistema sanitario

por

Na imaxe o Centro de Saúde de Cedeira

SOS Sanidade Pública chama a saír á rúa nas concentracións deste mércores e na gran mobilización do día 4 de febreiro na Alameda de Compostela. Médicos denuncian o “abandono” da Atención Primaria (un dos motivos da saturación dos hospitais e que así pasaría a ser subsumida na xerencias hospitalarias) e como o proxecto de modificación da Lei de Saúde de 2008 está a ser abortada sen ter sido desenvolvida.

Con esta iniciativa, o que fai é eliminar as áreas sanitarias. Alén diso, cunha sociedade avellentada e coa Lei da Depedencia parada e a modificación da Lei de Garantías vén agravar a situación: após pedir citar pasan 45 días para unha consulta ou proba diagnóstica e  60 días  para  intervención cirúrxica, o que induce directamente derivar á sanidade privada. Os sindicatos Cesm e O`Mega sinalan os “xestores” como responsábeis do desbordamento. No modelo sanitario do Partido Popular non existe a promoción da saúde nen os conceptos de atención integral e comunitaria que propicien abordaxes dos determinantes sociais da saúde.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: