off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións — 19 Xaneiro, 2018 at 9:35 a.m.

Arranxamento e mellora do camiño ao cemiterio de Cervo

by

[Pingota Comunicación] Cun investimento de 14.398,19 euros o Concello de Cedeira está a acometer obras de mellora no camiño de acceso ao cemiterio de Cervo, unha vía moi deteriorada e de especial interese para os veciños da parroquia e da zona en xeral.
A existencia de fochandas de importancia na vía, tal e como recoñece o equipo de goberno, fixo necesaria a execución dun proxecto de calado, ao repor primeiro a capa de pedregullo e posteriormente botando outra de macadame de 15 centímetros, para acabar cun rego superficial e outro de selado na tona do vial. A intervención implicou tamén a limpeza das valetas dun
camiño de 250 metros de longo e  tres metros e medio de largo. A obra, que foi acometida pola empresa José M. Piñeiro López SL, requiriu a elaboración e presentación dun proxecto de control arqueolóxico que, feito polo arqueólogo Emilio Ramil, finalmente obtivo a correspondente autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria antes de poder ser executada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off