off
Ecoloxía, Globalização, Meio ambiente — 18 Xaneiro, 2018 at 12:55 p.m.

As manchas de petróleo no Mar da China Oriental xa ocupan mais de 130 quilómetros cadrados

by

Greenpeace adverte sobre un desastre ambiental como resultado do derramamento dun petroleiro iraniano.


As manchas de óleo no mar da China Oriental están a aumentar. En 6 de xaneiro, o petroleiro iraniano ‘Sanchi’ colidiu cun navio de carga de Hong Kong e derramou o petróleo que  carregaba. O goberno chinés confirmou que as manchas de petróleo xa ocupan mais de 130 quilómetros cadrados, cando antes o cru deitado apenas cobria unha superfície de várias decenas de quilómetros. A diferenza tornouse abismal nalguns dias.

Greenpeace advertiu que a expansión do petróleo representa unha clara ameaza para o ecosistema deste mar da China, que é un dos mais movimentados do mundo. Alé diso, de acordo com esta asociación, o desastre ocorreu en “unha área importante de reprodución” para peixes, que está na rota migratória de moitos mamíferos mariños, como a baleia.

Nunha entrevista co xornal The New York Times, o especialista em conservación mariña da Universidade de Alasca, Rick Steiner adverte que “unha boa parte do petróleo bruto transportado polo petroleiro foi derramado no mar”, dadas as condicións do navio e as numerosas explosións que foran rexistradas. “En caso afirmativo, este será o maior derrame de petróleo da história”, adverte. Talvez apenas o vencese o derramamento dun navio en frente das costas de Angola en 1991. Naquela ocasión, 260 mil toneladas de petróleo bruto foran derramadas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off