off
Cedeira, Teatro — 18 Xaneiro, 2018 at 11:26 a.m.

“A danza da choiva” no Auditorio de Cedeira

by

[Pingota Comunicación]A programación cultural do Concello de Cedeira para o presente trimestre comezará o próximo sábado coa representación da obra “A danza da choiva” a cargo da compañía Elefante Elegante. Trátase da peza gañadora do premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil e a súa temática está de absoluta actualidade por abordar o que pasaría se de súpeto deixara de chover para sempre. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan ao público familiar e infantil a partir dos tres anos. A representación dará comezo ás 19.00 horas (entrada 2,5 €). María Torres e Gonçalo Guerrero son os autores dunha obra que tamén están a dirixir e a interpretar. A música é responsabilidade de Mano Ponforreteiro, o deseño da iluminación de Dani Padres, a coreografía de Ánxela Blanco e o vestiario de Marcia Edleditsch.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off