off
Cedeira, Galiza — 17 Xaneiro, 2018 at 9:35 a.m.

Ondas de até 8 metros no litoral da Coruña e Lugo

by

Meteogalicia prevé ondas de até 8 metros no litoral da Coruña e Lugo nun contexto de altas presións de 1035 mb sobre Azores. Baixas de 975 mb sobre Islandia.

Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesares de que oscilarán.  No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.

A fin de semana predominará o aire frío con alta probabilidade de chuvascos e descenso das temperaturas. A partir do luns, Galicia permanecerá na influencia dos ventos de compoñente oeste, polo que se agardan días de alta probabilidade de precipitación especialmente na metade oeste e temperaturas moi suaves.

Candieira 17-01-2018 10:26:44. Fonte: MeteoGalicia

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off