Meteogalicia prevé ondas de até 8 metros no litoral da Coruña e Lugo nun contexto de altas presións de 1035 mb sobre Azores. Baixas de 975 mb sobre Islandia.
Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesares de que oscilarán. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.
A fin de semana predominará o aire frío con alta probabilidade de chuvascos e descenso das temperaturas. A partir do luns, Galicia permanecerá na influencia dos ventos de compoñente oeste, polo que se agardan días de alta probabilidade de precipitación especialmente na metade oeste e temperaturas moi suaves.