off

A CUP pon condicions para votar unha investidura sob o 155

por

Esta mañá, o novo Parlament catalá é constituído. Embora haxa oito membros ausentes, entre aqueles que estan na prisión e en Bruxelas. Os cupaires reclaman explicacions polo caso Palau. Alén diso, ERC  que propuxo a Roger Torrent ( alcalde de Sarrià de Ter, Xirona), froito do acordo de Junts per Catalunya e Esquerra, para presidir o Parlament, ainda non garante investir a Puigdemont. Os partidos independentistas contan que terán unha maioria no parlamento, ocupando catro dos sete asentos. Sabendo que os tres encarcerados poderán delegar o voto e que os comúns non se sumarán aos unionistas para votar os candidatos de Cidadáns e do PSC. A sesión de constitución comeza ás 11 horas, e deben facerser tres votacións.

O  momento fulcral será cando a mesa de idade acepte ou nons as delegacións de voto dos deputados no cárcere, e a votación da mesa do Parlament.

Parecia que o apoio da CUP á  investidura de Carles Puigdemont estaba garantido, mas onte os da CUP condicionan  o seu posicionamento. Seu voto está condicionado polas explicacións dadas polo presidente sobre o caso Palau, depois que esta semana fora publicada a sentenza condenando o CDC por financiamento ilegal. O CUP xa pediu respostas a Artur Mas, e onte consideraran que Puigdemont tamén é “responsábel” do caso e exixiu o PDECat, a Junts per Catalunya e ao mesmo presidente para se expressaren “de forma clara e diáfana ” e apagar calquer sombra de dúbida sobre o actual líder d espazo político herdeiro de Convergència. A liña de fundo da CUP é que a loita contra a corrupción é un “eixo transversal” de seu proxecto político e que os defensores da independencia deben estar “absolutamente comprometidos coa garantia de cero corrupción”. Asin, a porta-voz do secretariado nacional, Núria Gibert,deixou claro que JxCat debe dar explicacións como herdeira “en termos eleitorais” dos CDC, xa que a candidatura foi apresentada no 21-D como unha coalición entre o PDECat e a Convergència. Nas negociacións agonizantes para a investidura de Artur Mas, o CUP vetou o ex-presidente, entre outras razóns, porque o considerou unha figura vinculada a casos de corrupción de CDC.

Non era apenas o CUP que exixia explicacións a Puigdemont. Os comuns tamén mostraranse fortes contra o presidente do Govern. O porta-voz da Catalunya en Comú, Elisenda Alamany, perguntou se ele ainda é membro do PDECat e afirmou que, en caso afirmativo,  deberia decidir entre “quebrar o cartón” do partido que foi condenado pola xustiza ou dar explicacións aos cidadáns.

Arrimadas negouse a ceder un deputado ao PP para que poida formar grupo. Cidadáns xa anunciou que recorrerá a delegación do voto dos presos.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: