off
Opinião, Politica espanhola — 12 Xaneiro, 2018 at 10:59 a.m.

Indivisibel e irreformabel

by

A non-violencia é violencia?.Os papais biolóxicos da Constitución do 78, os ainda están vivos madia-leva!, non pensan porque xa pensaran. Isto pode parecer exaxerado a quen vive na atmosfera especial de Madrid e cómaros. Cruzade o Manzanares. Mais esta non é unha excusa. É necesario esclarecer iso. Ainda que desapercebida para a maioría dos españois, esas comparecenzas siguen estimulando a fantasía do Destino Manifesto. O insaciabel moralismo español e a fe española na carga magna non son sinxelamente síntomas parellos dunha neurose de caracter que tome a forma dunha adolescencia alargada pronto a ser superada. É unha psicose nacional totalmente desenvolvida, implantada con afouteza, fundada, como todas as psicoses, sobre a negación eficaz da realidade. E sobre dela foran gallopando até agora. Na altura, a posverdade substanciabase eufemísticamente como “patria comun e indivisibel de todos os españois”, a maior proba nominal da súa proverbial incapacidade para reformar as institucions. Ainda que se volva a constatar empíricamente como hai corenta anos a desigual correlación de forzas e  poder coercitivo (presos, exiliados, acumulación de recursos, suspensions, notificacions,querelas e intervencións cautelares) outra vez volveu imporse ao mandado da urnas a través dunhas anómalas eleicións convocadas ad  hoc polo goberno central que deitaron, mais unha vez, a evidencia da fin do consenso sobre o rexime do 78. Porque os cataláns votaran unha vez máis do aveso. Porén, os pais da Constitución din que non a queren reformar. Indivisibel e irreformabel.  Os problemas indivisíbeis pódense elucidar quer pola forza, quer tentado facelos divisíbeis, aceitando as partes a necesidade de procurar unha saída pactada. O que ben podería pedir algunha reformiña mental.Comezando polo recoñecemento do outro.

Os tres pais da Constitución, conscentes do lugar desde o que falan, veñen de agasallar á audiencia esfoliacións ideolóxicas  próprias de quen xa ten asumido non poder disimular tanta viscosidade  nas lapelas. A cousa enténdese porque levan moito tempo disimulando. A de onte foi unha comparecenza para dicirnos que  non queren reformar a Constitución. Cousa que tamén se entende porque non dixeron non á proposta de Pedro Sánchez  porque sexan especialmente hostís co PSOE, mas por unha elemental coherencia coa súa  traxectoria:Miguel Herrero y Rodriguez  de Miñón  (UCD e PP), José Pedro Pérez Llorca (UCD e PP) e Miquel Roca (CDC e avogado da infanta).

Porén, ainda causa pasmo que Herrero de Miñón e Roca Junyent nos amosaran con nídia clareza o casposo imaxinario que rolda pola testa dos dous proxenitores. Para Miñón o que fixeran os dirixentes de “certa latitude de España”[sic], quer dicer, un referendo na Cataluña, é comparabel a un home que mata a muller e logo tenta excusarse perante o xuiz afirmando que a súa señora era” inaturabel”.Para o cal, o xuiz responderia, segundo o maxín de Miñón: “eu non lle nego que  a súa señora fora inaturabel, mas vostede é un criminal”. Que divertimento, que brincadeira comparar Catalunya cun maltratador ! Se o 1-O foi un acto de desobediencia civil non violenta tanto a comparanza de Herrero de Miñón como o argumentario do xuiz Llarenas son vulgares sofismas. Así, o Tribunal Supremo dediciu que hai indicios de que Junqueras cometera o delito de rebelión, xa que logo de violencia. E argumenta:  el recurrente con la finalidad de declarar unilateralmente la independencia de Cataluña […]  ha llevado a cabo la ejecución de un plan ” que insería unha acción ilegal, a de “ celebrar un referéndum que el TC había declarado fuera de la Constitución y de la LeyEs cierto que no consta que el recurrente haya participado ejecutando personalmente actos violentos concretos. Tampoco consta que diera órdenes directas en tal sentido. Pero, […] que tanto el recurrente como los demás sabían que el Estado no podía ni puede consentir esa clase de actos […] y que actuaría a través de los medios a su disposición, entre ellos el uso legítimo, y como tal, proporcionado y justificado, de la fuerza. Era previsible, en esa situación, que, con una alta probabilidad, se produjeran enfrentamientos en los que apareciera la violencia ”. Ambos os dous razonamentos  parten de que promoveran actos ilegais, mais non se poden cualificar de violentos agás deturpando o sentido das palabras. Contodo, é precisamente sob a súa tipificación forzada que chegan á conclusión da suposta violencia. Miñón ao comparar cun maltratador e o Tribunal Supremo ao forzar as conductas investigadas  co suposto  delito da rebelión (cando nada hai que encaixe con esa tipoloxía delituosa, por iso retiraran a euroorde). O risco de reiteración delitiva vincúlase a que o encausados defenden posicións independentistas e acho que contravén un dos eixos fulcrais dos estados de dereito sobre liberdade ideolóxica e crenzas.O termo violencia  aparece de xeito contrafáctico ou, mais ben, desvencellado da evidencia empírica e asociado a priori ao independentismo ( sen que houber xuizo que o probara). Porén, e dou constancia como testemuño presencial no colexio eleitoral do Centre Cívic Pla de Palau de Girona, a única violencia estivo asociada á acción das forzas policiais. Malia a orde ter sido dada polo go berno central, a responsabilidade debruza sobre os representantes do goberno da Generalitat. Seica non se substrai o dereito a representación vencellando os encausados con  “violencias” e  “enfrontamentos” que non se deron? Como é posibel reprobar aos encausados das mobilizacións de “decenas de milleiros de cidadáns”? Só os reximes autoritarios argumentan e punen en termos de presión preventiva.Quer dicer, vulnerando dereitos fundamentais. O “estado de dereito” español axústase a un nacionalismo de estado que o precario argumentario xurídico non foi quen de disimular o seu devalo liberticida ao estar inzado de apriorismos que agochan información relevante para o caso.

Pola súa parte, Roca Junyent, que é avogado ( e dos bós como ben sabe o marido da infanta) optou pola seguinte parábola:”unha muller cóntalle ao marido que quere divorciarse e el responde que ficará sen a segunda residencia, sen a custodia dos fillos … «Por que choras? pregúntalle el cando a muller, logo de ter que aturar unha áspera rifa  do seu marido unha vez anunciado que quere o divorcio, quebra en choros e prantos e entre saloucos murmura: “é que eu pensei que  me dirias que ainda me amas”. A dona, xa se sabe, ….” è mobile qual piuma al vento muta d’accento e di pensiero; Sempre un amabile leggiadro viso,in pianto o in riso è menzognero”. Eís o testosterónico imaxinario do patriarcas constitucionais: as republicanas independentistas, homes e mulleres, xa se sabe, son febles, inestábeis e histéricas e non de todo racionais. Porque xa non hai homes como os de antes, dos de verdade.É posibel que español medio aloumiñe as fantasías de Cristiano Ronaldo, ainda que amiúdo ten o temperamento de Torrente. Estas comparanzas onde home sempre é España e a muller o elemento vernáculo, son reveladoras de quen segundo este marco mental  é suxeito e quen non. A muller ten o dereito a pedir o divorcio, mas no fondo segundo Roca, non o quere de verdade. Por iso chora e quere que a queiran. Eís o tipo de muller, de suxeito e de multitude que se supón ten que ser. Quen formalmente ten o dereito a pedir o divorcio, mas na práctica non pode exercer sob ameaza e abusos que a avogada da muller non tería aceptado.

Patriotismo constitucional.Alén do indisimulado machismo de Miñón e de Roca, proprio dunha graxenta regueifa tabernaria, sorprende o airado apelo de Pérez Llorca ao “patriotismo constitucional” en resposta á pregunta de se era nacionalista formulada polo deputado Joan Baldoví, de Compromís.”E teño dereito”, engadiu. Acontece, porque é preciso reseñalo, que o denominado “patriotismo constitucional” ou “patriotismo protetor” é un conceito cuñado polo politólogo Dolf Sternberger e desenvolvido, entre outros, na súa versión “purificadora” orientada á esfera pública, polo filósofo Jürgen Habermas.  O conceito en cuestión é controverso, e mentras algúns o descartan por ser unha forma universalista de fidelidade política democrática para outros é rexeitada pola súa cualidade abstracta mas tería sido apropiado no contexto particular onde se orixinou, quer dicer, na Alemania comprometida a causa do seu pasado nazista, mas non universalmente aplicábel. Porén, sob unha crítica xenealóxica o apelo de Pérez LLorca obvia que existen importantes vínculos conceptuais entre a moralidade do patriotismo constitucional, a militancia e a memoria. Porque o patriotismo constitucional de Stenberger e Habermas ten raiceras republicanas e non é compatibel con historias acríticas de pasados nacionais como os que defende o PP que de brazo dado da FAES de Josá María Aznar deturpou a fasquía do conceito en cuestión para disimular a súa fasquía antiliberal ( no sentido clásico do termo) e o seu ultranacionalismo uniformizador que tan ben representa Cidadáns cando a traza a liña divisoria co PP. Unha identidade política que sob os supostos ideais do “patriotismo constitucional” non lles impide unha persecución implacabel dos  “inimigos”, non para a defensa da democracia, mas como instrumento ao servizo dun patriotismo esencialista revestido por un conceito de prestixio que fica así caricaturizado ao ser reducido a un “universalismo vacío”. Ao cabo, o propio Habermas ten dito que “toda identidade colectiva, tamén postnacional, é moito máis concreta do que o conxunto de principios morais,legais e políticos arredor dos cales cristaliza”.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off