off
Cedeira, Ecoloxía, Meio ambiente — 9 Xaneiro, 2018 at 10:19 a.m.

O concello de Cedeira reparte composteiros para mellorar os sistema de recollida de lixo

by

[Pingota Comunicación] A veciñanza de Cedeira xa non ten escusas para non reciclar. O Concello de Cedeira trata de incrementar o uso de composteiros entre á veciñanza para optimizar o funcionamento do servizo de recollida de lixo e aproveitar os residuos orgánicos para obter fertilizante ecolóxico para uso como adubo agrícola. Por terceiro ano consecutivo, o goberno local está a levar a cabo unha campaña de sensibilización que consiste na cesión gratuíta desde tipo de recipientes entre as persoas que así o soliciten. Os interesados só teñen que contactar coa Concellería de Medio Ambiente.

O seu responsabel, Camilo Casal, apunta que na actualidade xa colaboran con Concello case 100 familias, tanto das parroquias como do propio casco urbano, que dispoñen dunha horta ou xardín. Un dos problemas máis importantes que a administración ten que enfrontar, tanto dende o punto de vista ambiental como económico, é a xestión dos residuos sólidos urbanos (RSU). Algo máis da metade do lixo xerado na nosa sociedade é materia orgánica fermentábel, é dicir, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e plantas , restos de comidas, e céspede ou herba do xardín. Trátase da fracción húmida do lixo, medio millón de toneladas anuais en Galiza, a razón de medio kilo por persoa e día.

Casal lembra que o sistema desempeña unha dobre función xa que, por unha banda, cos restos da comida e das podas obtense abono ecolóxico para plantas e árbores e, por outra, evítase enviar a Sogama parte do lixo que se produce nas casas e que lle custa ás arcas municipais máis de 70 euros por cada tonelada. Xunto ao recipiente en cuestión o Concello entrega un breve manual para saber como hai que proceder para implantar a compostaxe caseira ,e realiza un seguimento con visitas puntuais a cada domicilio para dar as indicacións pertinentes.

 

Vantaxes da compostaxe (ADEGA)

Sociais

  • Fomento do contacto das persoas coa natureza recuperando unha práctica tradicional da cultura galega.
  •  Presentase como unha ferramenta de educación ambiental e participación cidadá
  •  Comodidade do composteiro fronte ao contedor municipal, debido á instalación na propia vivenda e a ausencia de cheiros.
  • A compostaxe comunitaria implica unha cohesión social e a recuperación de traballos comunitarios

Económicas

  • O participante obtén compost, un abono de calidade
  •  O concello aforra na recollida e na factura a empresa de tratamento de residuos
  •  O compost obtido dos restos vexetais de parques e xardíns pode ser utilizado comosustratoparaxardiñería nos parques do concello, aforrando a súa merca

Ambientais

  • O compost funciona como sumidoiro de CO2, co que axuda a paliar o cambio climático
  • Diminuímos as emisións de co2 asociadas ao transporte do lixo, xa que o lixo fica onde se produce
  •  Devolvemos materia orgánica aos solos, esencial para a fertilidade

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off