off
Globalización, Mundo, Politica internacional — 9 Xaneiro, 2018 at 08:02

33.000 persoas morreran no Mediterráneo dende o ano 2000 segundo a OIM

por

Este sábado afogaran 64 persoas  fronte a costa de Libia. As mortes representan a primeira traxedia migratoria a grande escala de 2018 no Mediterráneo. Un total de 2.832 inmigrantes morreron na ruta mediterránea central entre Libia e Italia en 2017, descendendo de 4.581 en 2016. O número de inmigrantes que chegaron a Italia en 2017 foi de 119.310 (181.436 en 2016)

Segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM) a cifra de persoas que perderan a vida neste  mar desde o ano 2000 pasa das 33.000 persoas . Ainda que a cifra diminuiu en 2017  rexistrándose alomenos 3.116 mortos (sen incluir alomenos duas mortes rexistradas a final de decembro en Libia e en Turquía)  fronte aos 5,143 de 2016, segundo o último relatorio da OIM. O total mundial de mortes rexistradas de migrantes para 2017 – 5.376 – é un terzo por baixo do total mundial do ano 2016, de 7.932.

171.635 migrantes e refuxiados que chegaran a Europa por vía marítima en 2017, pouco menos do 70% chegados a Italia e o resto dividido entre Grecia, Chipre e España, contrasta coas 363.504 persoas chegadas  á zona no mesmo período do ano anterior. Porén, segundo o relatorio, en 2017 Europa  foi máis perigosa que en anos anteriores – con 94 mortes rexistradas en comparación ás 62 de 2016. A nivel mundial o Proxecto Migrantes Desaparecidos da OIM rexistrou a morte de 5.376 migrantes entre o  1 de xaneiro e 31 de decembro de 2017. Os investigadores da OIM advirten que grande cantidade de fontes de datos mundiais – entre as cales os examinadores médicos locais, as ONG e os departamentos de policía, non xeraron ainda relatorios coas cifra total de mortes para o ano 2017. O que significa que a cantidade de mortes de migrantes rexistradas en 2017  poderá aumentar. No que vai de 2018 morreron ou desapareceron 81 persoas.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: