off
Galiza, Mar e Pesca — 7 Xaneiro, 2018 at 12:14

Salvamento Marítimo alerta dos contenedores ceibados na costa galega polo cargueiro MSC Eloane

por

Foto: Manistee. FleetMoon.com

Salvamento Marítimo alertou dos riscos para a navegación da perda de entre 30 e 45  contenedores que arestora van á deriva na costa galega. Porén, até o momento a páxina web  de Salvamento Marítimo non informa desta perda de carga producida o pasado venres dia 5 cando o buque de carga MSC Eloane navegaba perto do dispositivo de separación de tráfego de Fisterra. Ao parecer os contenedores perdidos a 40 millas da costa non levan “mercadoría perigosa” e Salvamento Marítimo está a alertar dende o aviso da perda a embarcacións e navegantes da zona. O MSC Eloane, de 400 metros de eslora e 58,85 metros de manga, construido en 2016 e con bandeira de Liberia, saiu de Rotterdam o pasado dia 2 rumbo a Tanger.

 

O

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: