off
Cedeira, Galiza, Saúde — 30 Decembro, 2017 at 15:15

O Parlamento insta á Xunta a dialogar co concello de Cedeira sobre a mellora do centro de saúde

por

[Pingota Comunicación]Todos os grupos do Parlamento de Galicia aprobaronunha iniciativa do executivo local pola que se insta á Xunta de Galicia “a dialogar co Concello de Cedeira sobre os servizos de asistencia sanitaria dispoñibles no municipio e a posibilidade de chegar a acordos sobre a mellora do centro de saúde e a súa ampliación”. O acordo adoptouse o día 21 deste mesmo mes na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego da Cámara galega.
Na súa demanda, o goberno de Cedeira explica os motivos, o fundamental a falta de espazo e servizos dos que adoece o actual centro de saúde, e tamén apunta a solución, que pasa pola compra dun edificio anexo ao actual para facer viable a ampliación do mesmo.
Nesta dirección desde o equipo de goberno se recorda así mesmo que o Concello ten manifestado en reiteradas ocasións a súa boa disposición, de feito xa ten iniciados os trámites, car á compra dese segundo inmoble pqropiedade da Xunta e máis da administración local para, a continuación, cedelo nas condicións que a Consellería de Sanidade solicite para facer investimentos (sen edificacións, libres de cargas e coas condicións necesarias para iniciar as obras), tal e como figura na iniciativa parlamentaria. Un acordo neste sentido non só daría lugar á ampliación do centro e servizos médicos de Cedeira senon tamén á mellora das prestacións sanitarias no conxunto da comarca, segundo fontes consultadas do executivo cedeirense.
A ampliación do centro de saúde estase a converter nunha das prioridades do equipo de go￾berno de Cedeira dentro do presente mandato. Só nos últimos meses o asunto levou aos respon￾sables municipais a manter reunións de traballo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e máis co xerente da área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva. Agora, estase á espera do encontro solicitado o día 28 de setembro co conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuiña.
En todos os casos as intencións do goberno local pasan pola adquisición da propiedade que o Concello comparte coa Consellería de Medio Rural co fin de incrementar ata un 40% a actual capacidade do actual centro médico.

Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

1 Comentario

  • Não sei se é a melhor solução sanitária, mas a recuperação desses prédios parece necessária para qualquer função social.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: