off

Votar e punir. Cataluña xógase 40 anos de catalanismo

by

“Os gobernantes xa saben que se pode facer e que non, 
e xa saben o que pasa cando fan o que non se pode facer" 

Mariano Rajoy, na xornada de reflexión
Grafitto de BoyTV nunha rua de Barcelona

As de hoxe serán as primeiras eleicións ao Parlament de Catalunya nas que o presidente da Generalitat non poderá votar e con Junqueras, candidato de ERC e vicepresidente, encerrado na prisión de Estremera. Non son unhas eleicións normais mas cada voto pesará. Son unhas eleicións autonómicas convocadas por Rajoy após ter asumido as facultades do cesado Puigdemont ao acubillo do artigo 155 da Constitución. A que foi unha convocatoria para “descabezar o independentismo”, segundo expresión de Santamaría, na que semellaba unha habelenciosa artimaña de Rajoy, os resultados poden virar no contrario. Se só temos en conta os resultados do PP, fica en envidencia a súa falta de liderado ( a súa candidata era Dolors Montserrat) xa que o directo beneficiado sería Ciudadanos. A Rajoy só lle vale unha derrota independentista e que o PP resista.

Faltan as respostas mais temos as preguntas: que bloco  gañará e con que porcentaxe. Se o bloco unionista vira a situación grazas á movilización ao seu favor do aparato e institucións do Estado ou se o independentismo resiste malia a anomalía da situación.  Respeitarian o resultado do 21-C se gaña o independentismo? Que faría un goberno independentista? Que fasquía adoptaría o Procés?  Malia ERC e PdCat falaran de abandonar a unilateralidade, non hai concreción alén de recuperar o Govern e ceibar os presos. Estas elicións tamén amosarán o alcance da CUP para que o modo lento acade velocidade e pregnancia abaixo-acima. Entre as diversas derivadas a principal sería que partidos perden ao non seren capaces de atrer o voto dos que se abstiveran agora hai dous anos. Ainda que perda o PP, que malia non estar só nen moito menos na aplicación do 155, fixo bandeira de ter ficado no cárcere a líderes independentistas, pode estar en risco manter o Procés en modo lento ou revisar varias décadas de catalanismo.  Ciudadanos tira vantaxe pola banda dos unionistas tanto do PSC como do PP: dos votantes do PSC que renegan do catalanismo e dos do  PP que rexeitan a corrupción. Malia todo, un goberno de Arrimadas é una posibilidade lonxícua. Segundo os inquéritos a maioría do bloco 155 é imposibel; os comúns poderían ter a chave e xa avisaran que non a farian presidenta, ainda que chegaron ao final da campaña con baixas expectativas. No meio, Iceta pode millorar resultados epserando que se non hai maioríai independentista o seu esforzo por afastarse da sombra do 155 lle permita sumar cos comúns.Porén, se Iceta goberna será cos apoios de PP e Cs, o que impactará na liña de flotación de aspectos que alizerzaban até o de agora o sistema autonómico de Cataluña: escola  e medios de comunicación.

Sexa o que for, agora as urnas chegan custodiadas e non recibidas a golpes de porra, nun contexto de anomalía en que o goberno español tutela, intervén e encarcera. As secuelas da represióna e da violencia do 1-O  e os efectos da unilateralidade para os sectores moderados (fuga de empresas máis ou menos inducida polo propio Estado), a incerteza posterior ao exilio de Puigdemont e o ditado de prisión provisional para Junqueras e consellers, poden inducir á abstención e á perda de votos independentistas.  Porén, o bloco soberanista ten a favor o pròprio 1-O e o medo a unha vitoria do unionismo.

Se o independentismo acada maioría absoluta (68 escanos, catro menos que en 2015) a formación de novo goberno é certa. A única fórmula para enterrar o 155 porén seria un goberno ameazado por unha nova aplicación do 155 e pola vaga penal. A máis de Junqueras, Sánchez e Cuixart- convocados a declara o 11 de xaneiro- seguirán  até corenta novos imputados e a dilixencias que ainda mantén a xuiza Lamela sobre o ex-xefe dos Mossos,  Trapero, e a intendente Teresa Laplana, imputados polo 20-S.

De acadar os 68 escanos abriríase un novo roteiro, quer abandonando a unilateralidade, quer reactualizando o dereito de autodeterminación nun referendo pactado que pasa inequívocamente polo brazo dado de Catalunya en Comú-Podem, que non tería máis opción que aceptar. Contodo, se alargamos o foco a complexidade deste escenario fai posibel unha repetición de eleicións na primavera por mor das dilixencias abertas e do que delas se pode derivar en forma de relatorios policiais, filtracións,etc.

One Comment

  1. Tudo é possível, mesmo a involução.

    Contudo, acho que vai ficar uma mensagem do catalanismo ao mundo:
    Não é contra a Espanha, não é contra ninguém. É só que queremos gerir nós os nossos assuntos coletivos.

    Acho que a visão do “direito de autodeterminação” tem mudado com o Procés e algum dia “votarem”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off