off

A desfeita do PP dá asas a CS fronte unha anovada maioría absoluta do independentismo catalá

por

A activación do 155 serviulle a Rajoy para esnafrarse en Cataluña. En calquera país europeo tería dimitido e convocado eleicións. O problema catalá proxéctase agora en España. As eleicións catalás terán efeitos tanxíbeis no estado español xa que o sistema de partidos españois sofriu unha importante desfeita. O paradoxo é que Cs, un partido nado na Cataluña, ameaza agora a hexemonía do PP á dereita española. Porén, Cs non é a primeira forza constitucionalista que gaña unhas eleicións catalás, tal e como difundiran algúns medios, mas o PSC de Maragall e cunha lei, a LOREG de 1985, feita a medida da dinastía hexemónica. A reacción imediata do PP estatal evitando autocrítica e ameazando con máis 155 é a mostra do fracaso de Rajoy e o tamaño da desfeita, que inclue aos seus parceiros do PSOE, no intento de ulsterizar Cataluña.

Nunha situación adversa JxCat, ERC e a CUP manteñen a  maioría absoluta con 70 deputados malia o aumento da participación. O bloco soberanista suma  70 deputados e o  47,7% dos vots, un resultat semellante a 2015

O PP tornouse a volatilizar na Cataluña e os soberanismo ten ao seu alcance a maioría absoluta (melloran os resultados de Junts pel si) e Cs acada por primeira vez o primeiro lugar para un partido non catalanista.  Arrimadas morreu de éxito, quer dicer, o seu suceso eleitoral, nomeadamente na zona metropolitana de Barcelona e impondose en Tarragona, sumiu o voto unionista. Un voto que talvez lle dé réditos fora da Cataluña. Nen unha palabara en catalá no seu discurso da “vitória”.

Alén diso, o que compre salientar é que Puigdemont, un prófugo da xustiza española, resiste perante as medidas represivas do Estado xa que entre o independentismo non seu deu a polarización e o seu capital simbólico acabou barrando a hexemonia da esquerda soberanista. ERC perdeu asín a oportunidade de liderar o sobiranismo (co seu candidato a pasar o Nadal nunha cela de isolamento, lémbrese). Ábrese unha lexislatura de acordos nos que os Comuns terán o seu rol mais non se sabe ben cal xa que hai maioría independentista e non terán a chave da gobernabilidade (xunto co PSC de Iceta que fracasa no seu intento de competir con Cs). A CUP volverá ser decisiva para formar goberno malia ter caido de 10 a catro escanos, volvendo aos resultados de 2012. Talvez fora o voto útil do independentismo face ERC JxCat e o denominado voto emprestado de 2015 os que expliquen o devalo dos anticapitalistas nunhas eleicións polarizadas e baixo o choque do encarceramento do vicepresidente e consellers. Porén,  desta vez o Govern só precisaría a súa abstención.  Ao longo da campaña  o candidato Riera afirmou estaren dispostos a entrar nun goberno inpedendentista  que aposte por constituir a República, esta por ver se baixo condición de unilateralidade.

O Procés entra agora nunha fase de ralentización após unha mostra de forza do independentismo que tamén serviu para detectar as súas limitacións. O que cómpre non perder de vista é que paralelamente  os procedimentos xudiciais foran cursados. Unha repetición de eleicións nun futuro pròximo non é descartabel. A necesidade de formar goberno porá a proba, mais unha vez, a capacidade de alianza entre JxCAT e ERC.

A anovada maioría independentista exixe a retirada do 155, da intervención da autonomía  e dos abusos de poder instalados antes e durante a apliación do artigo 155. Porén, malia o meritorio episodio de resilencia, a porcentaxe de voto do soberanismo é do  48%. Tendo en conta os precedentes, o roteiro terá de ser revisado e enxergado con perspectiva de campo que permita alargar a súa base social. A cuestión agora é como se desbloca a situación con Puigdemont no exilio. Cando España acordou, o problema seguía aí.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: