off
Galiza, Politica espanhola — 20 Decembro, 2017 at 12:12 p.m.

O Constitucional rexeita a lei galega que regula as adopcións de fill@s dende hai unha década

by

Tamén rexeitou os alegados  “antecedentes normativos e doutrinais” no dereito civil galego defendidos polos letrados do o Parlamento de Galicia, que permitían establecer lexislación autonómica en materia de adopción e autotutela


O Boletín Oficial do Estado publica a sentenza ditada o pasado 16 de novembro cuxa orixe está no que fora un dos primeiros conflitos entre o Executivo galego de coalición e o Goberno de España que presidía o socialista José Luis Rodríguez Zapatero. Menos dun ano despois da aprobación da nova lei de dereito civil, en marzo de 2007, o Consello de Ministros elevou ao Constitucional o recurso contra os artigos relativos a adopción e autotutela. Segundo o alto tribunal “regular de xeito exhaustivo” estas materias, estaba a “exceder as competencias da comunidade autónoma”, toda vez que non existían “antecedentes na lexilación civil galega” sobre estes ámbitos.

Inseguridade xurídica

O recurso chegaba tras meses de negociacións entre ambos gobernos, nas que a Xunta contara co aval da oposición e tamén da Asesoría Xurídica e dos letrados do Parlamento. O proceso de adopcións en Galiza fican nunha situación de “inseguridade xurídica”. O ditame do Tribunal Constitucional trae, no entanto, os votos particulares de disconformidadedos maxistrados Juan Antonio Xiol e Cándido Conde-Pumpido.

O dereito civil galego, nas que Galiza ten competencias exclusivas, vén de ser adelgazado a través dunha sentenza que anula unha parte importante de autogoberno. O Tribunal Constitucional amóstrase contrario ao desenvolvemento e actualización do noso dereito civil; unha medida que revela mais unha vez un TC como instrumento  de recentralización que atenta directamente sobre a nosa identidade. Unha lei a de adopcións aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza. Que farán,  suspenderán todas a adopcións realizadas durante dez anos?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off