off

A favor dunha San Silvestre en galego

por

En galego estamos no mundo. No Concello  regula a lei de normalización lingüística que este clube se salta porque aos seus organizadores “lles peta” malia chantar sen reparo ningún no cartaz que circula polas redes o escudo da vila e terra de Cedeira.

Triste é que a piques de comezar o 2018 teñamos que apuntar co dedo o que xa debería ser obvio, que alén de falala, a língua veicular que apareza nas comunicacións tamén sexa a lingua galega. A lingua comun, a que nos une e proxecta no mundo como nós somos. Porque nen os organizadores, nen o deportistas nen a cidadanía (tamén debemos engadir, os consumidores) nos merecemos seguir a  que nos traten e a tratarnos a nós mesmos como extranxeiros na nosa terra e nas cousas da vida que partillamos e sentimos como pròprias.

Que a  San Silvestre sexa o primeiro evento deportivo que se celebra cada ano en meio mundo, unha corrida que percorre as principais arterias da Vila, podendo nela participar atletas federados e non federados, cidadás en grupo, a título individual ou familias enteiras xa que non precisa inscrición, dalle un relevo  polo seu caracter participativo e festivo que non teñen outras actividades deportivas.

O paradoxo, para alén da transversalidade social e xeneracional desta proba, é que a ‘proba-nai’  é a S. Silvestre São Paulo Paulo no Brasil, coñecida como a Corrida Internacional de São Silvestre, que vai ter este ano a sua 91ª edición. Segundo o site oficial da proba brasileira, todo comezou con o xornalista Cásper Líbero, que se inspirou unha corrida nocturna francesa en que os competidores carregabam fachos de fogo durante o percurso. Decorreria asin, á meia-noite de 31 de Decembro de 1924, a primeira San Silvestre, que homenaxea o Santo do dia. Quer dicer, na primeira e mais antiga San Silvestre do mundo falase en padrón internacional do galego.  Porque  unha “carrera” non é o mesmo ca unha carreira ou corrida, nen a “plaza roja” é a “praza roxa”, como non é o mesmo receber o ano cunha benvida.

Xa van aló catro anos en que se correu a primeira San Silvestre e na Cedeira de 2017 continuamos sendo utentes dunha lingua minorizada na Galicia, a que é nosa e nos une porque é o ben común que partillamos e nos fai ser galegos.

Desde aquí encoraxamos aos organizadores deste fermoso acontecimento desportivo a correren tamén a favor do galego. Nesta e en futuras edicións.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: