off
Cedeira, Cultura, Livros — 17 Decembro, 2017 at 7:29 a.m.

A Biblioteca López Cortón trasládase seis meses a dúas salas do Palacete durante os traballos de ampliación e mellora

by

[Pingota Comunicación] Esta semana daban comezo as obras de ampliación dabiblioteca de Cedeira, unha situación que fai inevitable o traslado temporal do servicio de lectura ao palacete municipal. O Concello habilitou no devantido edificio dúas salas, unha dedicada ao estudo e outra utilizada como oficina, para evitar molestias aos usuarios da biblioteca. Estas mudanzs xa están operativas. O prazo de execución dos traballos, contratados por 207.000 euros á empresa Prace, Servicios e Obras SA, é de seis meses, período de tempo no que se manterá esta situación de provisionalidade. O proxecto consiste no aproveitamento dunha vivenda, adquirida no seu día polo Concello, para a realización dun novo edificio de comunicación vertical, e na reforma no baixo -agora ocupado polo Xulgado de Paz- co fin de incrementar as actuais dimensións da biblioteca, cuxa primixenia edificación foi construída no ano 1790 para acoller o consistorio. Esta reforma dará lugar a un novo acceso peonil desde a rúa Consistorio, á habilitación dunha sala de estudo e á creación dun acceso en cada planta coa instalación e posta en funcionamento dun ascensor. A obra tamén inclúe a mellora da iluminación existente coa colocación de lámpadas tipo led, tanto no teito como nos postos de lectura, así como a colocación de novos andeis e a reparación dos actuais. Levarase a cabo así mesmo a instalación dun sistema contra incendios e a construción dun aseo para persoas con discapacidade no primeiro andar. O goberno municipal pide compresión á veciñanza durante o tempo de duren unhas obras que, no seu día, foron valoradas polo executivo local como “as de maior transcendencia social” porque farán posibel que a biblioteca sexa accesible para todo o mundo.

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off