off
Cultura — 12 Decembro, 2017 at 5:44 p.m.

Achan unha pedra formosa ou terma galaico-romana no Campo do Castro de Cedeira

by

No curso da segunda xeira de escavacións no Sarridal, o chamado Campo do Castro na boca da ria de Cedeira, o equipo do arqueólogo Emilio Ramil vén de achar  unha estructura arquitectónica con forno, terma ou balnearrio da época galaico-romana ( entre fin do século II  e III d.C.)semellante ao atopado en Espasante, segundo vén de informar a concelleira de Cultura de Cedeira Maria Xosé Rodríguez, que tamén é arqueóloga. As primeiras sondaxes tiñan creado grandes expectativas xa que era distinto á tradicional estructura circular castrexa. A descuberta de croios rodados e carbón lanzou o primeiro indicio do que agora se vén de pór ao descerto: a cámara completa, parte do forno e parte da antecámara.

Estas estructuras son coñecidas co nome de “pedras formosas”, ainda que no Campo do Castro, como no xacemento de Espasante, non está a lousa principal entre os restos estructurais até agora descobertos se ainda hai moito por escavar para ver de recuparala. Trátase dun achado de grande importancia para a arqueoloxía galega (até o momento en Galiza só apareceran outras 4)  e deita grandes expectativas nas recén comezadas escavacións xa que nun  número reducido de castros existen estas construccions de carácter monumental, con forno e con grandes lousas dotadas dunha obertura semicircular e amiúdo decoradas. A denominación Pedras Formosas  deriva da primeira aparecida na Citânia de Briteiros. Estas estructuras adoitan ter estructuras semellantes: locadas na parte baixa do castro, lonxe da zona habitada, forno con cúpula e comunicado cunha estancia rectangular coberta a dúas augas e  m áis unha pedra formosa como fecho frontal.


 

Para saber máis

Comezou a segunda escavación arqueolóxica do Campo do Castro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off