off
Editorial, Movementos sociais, Politica internacional — 11 Decembro, 2017 at 09:15

Dupla moral e retorno da necropolítica en Gaza

por

O anuncio  foi feito e a violencia retornou ao Oriente Médio. Israel xa se apropriara da cidade santa moito antes de Donald Trump ter decidido agasallar a Benjamin Netanyahu un recoñecimento unilateral da súa capitalidade, tornandose o golpe definitivo para calquer posibilidade de negociación no Oriente Médio. A faísca para unha nova intifada. Trump está convencido de que só pode ser construído sobre a destrución de todo o que foi feito anteriormente. E a necropolítica voltou para Gaza. A decisión de Trump afastará ainda máis a UE de Israel e  Washington de Bruxelas; mas, por riba de todo, dividirá mais unha vez aos europeos. Após o recoñecimento unilateral de Trump, o ministro checo das Relacións Exteriores afirmou (para renegar depois) que eles considerarian a idea de mover sua embaixada de Tel Aviv para Xerusalén. A Hungria se recusou a asinar unha declaración conxunta dos vinte e oito contra o anúncio dos Estados Unidos. E no Eliseo apresaranse en facer cálculos políticos: unha nova oportunidade para o liderado internacional de Macron. Ainda que o presidente francés insistiu na súa “desaprobación” polo recoñecimento de Trump, a quen considerou “perigoso para a paz”, reaxiu sen convicción cando afirmou que é “é moi cedo” para descobrir se esa decición invalida Washington como mediador no proceso de paz no Oriente Médio, e que todo dependerá da reacción das partes.

Días antes do anuncio, Rex Tillerson, secretario de estado-norteamericano de visita en Bruxelas advertiu a Mogherini das intencións da súa administración. Seica os 28 respostaran que se oporian ás intencións de Washington, porque a solución “realista” para a UE  é a dos dous estados con Xerusalén como a capital de ambos.

Hamás chamou aos palestinos a comezar unha Terceira Intifada para protestar contra a decisión(de momento xa hai catro mortos e centos de feridos). Eís a reedición da única política que as xentes de Gaza coñeceran: a necropolítica e o arame farpado de separación entre palestinianos. Tamén no mundo musulmán houbo protestos,desde Iacarta até o Líbano, e a Liga Árabe e o goberno de Palestina romperan relacións diplomáticas cos Estados Unidos.

Acción e retórica co paso cambiado. A xefe da diplomacia europea reaxiu en solitario en nome da Unión. “O anuncio ten o potencial de encamiñar para o pasado até tempos mais fracos do que aqueles que xa estamos vivendo”, declarou Federica Mogherini a xornalistas en 7 de decembro. A Unión condenou com determinación a expansión dos novos asentamentos xudaicos, o isolamento de Gaza ou o enfraquecimento sistemático da populación palestina en Xerusalén Oriental; lémbrese cando en 2002, Miguel Ángel Moratinos, enviado especial da UE para o Próximo Oriente, chegou perto do Iasser Arafat en Mukata encanto Israel bombardeaba Ramallah. Mas a posición europea na rexión e no mundo árabe non é compreendida sen a proximidade con Israel. Sen a influencia direta da diplomacia israelense em algunhas das principais capitais comunitarias, comezando con Berlin.

“Paris é a capital da Franza, Xerusalén é a capital de Israel, ten sido por tres mil anos”, dixo Netanyahu, no domingo, ao lado do presidente francés, Emmanuel Macron. “Asín que os palestinos aceiten esa realidade, podemos avanzar para a paz”, advertiu o primeiro-ministro israelense, determinado a facer un pulso á frustración europea. Para esta Europa, que convida a Israel as competicións transnacionais, mas durante décadas foi o primeiro poder de financiamento para a Autoridade Nacional Palestina e para os territórios palestinos. Netanyahu desembarcou na Europa desafiando. Acusando a UE de “dupla moral”.  Mas non é a “dupla moral” a realidade histórica  dunha política externa marcada polos intereses opostos e as alianzas tradicionais dos estados?

Agora, a Unión Europea debe decidir o papel que pretende desempeñar nesta nova crise. Ao que hai que engadir agora o impúdico e desavergoñado cinismo dos republicanos máis duros e do ultraconservador lobi xudaico ao que Trump pón face e voz, desouvindo así aos axentes e líderes internacionais (UE, Nacións Unidas,etc). Un fenómeno global de dilapidación da esfera pública onde tamén xoga o seu futuro a Unión Europea como actor de relevo na xeoestratexia mundial fronte a unilateralidade e parcialidade de Donald Trump.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: