off

Milleiros de catalás claman en Bruxelas: “Acorda, Europa!”

by

Milleiros de persoas ateigan as rúas do centro de Bruxelas para a manifestación independentista deste mediodía, que insta a UE e pide a liberdade dos “presos políticos”. 45.000 manifestantes segundo a contaxe da policia belga


 

O movimento independentista catalá medra en Bruxelas. Desde  noite de onte, os chamados á independencia escoitáronse na Grand Place de Bruxelas, onde centos de catalás cantaron “els Segadors” alumeando cos seus teléfonos móbiles. No mediodía de hoxe, milleiros de catalás ateigan as rúas e hoteis da capital belga: uns deslocandose en avión, os mais en omnibus o de carro particular, para pedirlle a Europa que “acorde”.40.000 persoas estaban inscritas no web da manifestación habilitada pola ANC e o Òmnium Cultural. O vicepresidente desta organización cultural ten afirmado que será ” a manifestación máis grande nunca feita en  Bruxelas”.

As ruas e prazas do centro de Europa luzen de marelo, lazos, estreleiras e pancartas que piden a liberdade dos presos políticos nos minutos previos á mobilización  “Exiximos a liberdade dos presos políticos, que poidan participar na campaña aqueles que son candidatos”, afirmou a número dous de ERC, Marta Rovira, desde Bruxelas: “Exiximos que estes eleicións se xoguen de forma limpa, en igualdae de condicións.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off