off
Cedeira, Comunicacións, Urbanismo — 7 Decembro, 2017 at 08:30

Melloras de pasos de peóns e beirarrúas optimizarán a accesibilidade en Cedeira

por

[Pingota Comunicación] Dúas novas actuacións no ámbito da seguridade viaria son as que está a acometer o Concello de Cedeira na avenida de Castelao -principal acceso de entrada á vila- e na rúa Rosalía de Castro -travesía moi transitada e situada no centro urbano da localidade-, por tratarse dunha das prioridades do goberno municipal.
A obra que se está a executar na avenida Castelao pasa por mellorar tanto o seu estado actual como a accesibilidade de tres pasos de peóns situados nos puntos quilométricos 29+630, 29+715 e 29+794 da estrada AC-566. A obra, que foi contratada por importe de 5.657 euros (IVE incluído) á empresa Construcciones Rúa Floreal SL e que conta dun informa favorable da Axencia Galega de Infraestruturas, consiste na mellora das ramplas de acceso e na colocación de baldosas de cor vermello.
En canto a intervención da rúa Rosalía de Castro, consiste na reposición dun tramo de beirarrúas moi deteriorado, polo que será demolido para, a continuación, ser reconstruído coa instalación de 154 m2 de plaqueta e outros 75 máis lineais de bordillo de granito. A empresa Prieto Mouriz SL está a ser a encargada da realización duns traballos contratados por 14.401 euros (IVE
incluído)

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: