off
Agro, Galiza, Meio ambiente — 5 Decembro, 2017 at 10:13 a.m.

Miguel de Mel, o chivo expiatorio da vaga de incendios

by

Nunha entrevista en Radio Cerna afirma  que é “inocente” e confésase “indignado” pola situación vivida e que foi encarcerado “con nocturnidade e aleivosía”


Radio Cerna vén de publicar unha entrevista con Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia. O pasado dia 4  saía da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas de prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado que estaba a recibir Miguel Martínez , tratado como terrorista ambiental, cando a causa do lume de 1 Ha na súa leira se debeu a unha imprudencia e non a un acto deliberado. Martínez insta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo  a explicar que é ese “hai algo máis” que espetou a Galicia Confidencial cando lle preguntaran polas razóns desta detención, que deu con Miguel de Mel metido cinco semanas na prisión provisional até que, por fin, se lle concedeu a liberdade provisional baixo fianza.

Miguel Martínez, detido pola vaga de incendios a mediados de outubro de 2017  |  Telemiño

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off