off
Cedeira, Ecoloxía, Galiza, Meio ambiente, Xente — 30 Novembro, 2017 at 7:49 a.m.

As alumnas do CEIP Nicolás del Rio enchúfanse á reciclaxe

by

[Pingota Comunicación]A campaña de información e sensiblización “O que se enchufa recíclase” chegou a cedeirense praza Roxa até onde se achegaran grupos de estudantes do CEIP Nicolás del Río. O obxectivo desta campaña é concienciar e informar aos cidadás da importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) así como dos lugares e establecementos que teñen ao seu dispor para desfacerse dos produtos inservibles.

Sensibilización e boas prácticas

Durante a visita que as alumnas e alumnos do Nicolás del Río fixeron ao punto informativo os informadores de “O que se enchufa reciclase” impartíronlles unha pequena palestra sobre que son os RAEE, onde depositalos e os beneficios da súa reciclaxe.
Nas comarcas coruñesas hai 158 contedores repartidos noutros tantos establecementos adheridos á campaña para que os veciños poidan deitar os aparellos que xa non usan ou que deixaron de funcionar.

A campaña percorre un total de 138 concellos galegos, de máis de 4.000 habitantes. Deles 67 están nas terras e comarcas de A Coruña.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off